Saltar navegación

Uso da plataforma

O alumnado pode acceder á reunión creada polo profesorado a través do enderezo web https://eduxunta.webex.com/meet/usuario que o profesorado lle pode achegar por calquera método: Aula virtual, Abalar móbil, etc. E o alumnado poderá acceder a dita ligazón utilizando diversas opcións:

En Windows 10, preferiblemente cos navegadores Chrome ou Firefox, conectarase a través dun cliente que o navegador instalará no equipo, e que comeza ao premer en Iniciar una reunión ou ao acceder directamente a dito cliente.

En Linux, cos navegadores Chrome ou Firefox (versión 67 ou superior).

En MAC OS, co navegador Safari, conectarase a través dun cliente que o navegador instalará no equipo, e que comeza ao premer en “Iniciar una reunión“ ou ao acceder directamente a dito cliente.

En móbiles e tabletas con sistema operativo Android hai que instalar a app Webex Meet.

En móbiles e tabletas con sistema operativo IOS hai que instalar a app Webex Meet.

Ou só con audio (sen imaxe) a través da liña telefónica. Para iso é necesario chamar a algún dos seguintes teléfonos: 912158236, 917911283. Unha vez que se escoite a locución premer no teclado do teléfono 1# seguido do número da reunión (que pode ver na páxina onde se inicia a reunión ou no correo de invitación ao alumnado) proporcionado polo/a docente seguido de #, e por último premer de novo #.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)