Saltar navegación

Asistentes á reunión

O cuarto botón dende a esquerda serve para comprobar os asistentes á reunión:

Premendo sobre el obtemos nun dos laterais da área de traballo unha lista cos asistentes. Se está en azul, dito panel co listado de asistentes está habilitado:

Nese panel, podemos silenciar o micrófono do alumnado (premendo sobre a icona do micrófono na lista de asistentes), silenciar todos os micrófonos, permitir que un alumno ou alumna faga anotacións sobre a pantalla cando a esteamos a compartir, iniciar unha conversa escrita (Chat), ou expulsar a un participante da reunión. Accedemos a estas opcións premendo co botón dereito sobre o nome dunha alumna ou alumno en dita lista (como se amosa na imaxe seguinte):

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)