Saltar navegación

Cantar «Estando na miña porta».

Letra e música

partitura


Estando na miña porta,

pola raiada do sole,

vira vir un cabaleiro, ai, meu amor!

nun cabaliño andadore.

“Vaite con Dios, cabaleiro,

que eu non quero teu amore,

nin os teus castelos fortes, ai, meu amor!

con ventanas ó redore.

Preguntou si era casada,

i eu lle dixen; “si señore”.

Preguntárame con quen, ai, meu amor!

i eu lle dixen “cun pastore”.

Que si ti es cabaleiro,

meu marido é un señore,

e ten un fato de ovellas, ai, meu amor!

que nubra os raios do sole”.

“Vente conmigo casada,

 deixa ó probe pastore,

comeremos, beberemos, ai, meu amor!

faremos vida de amore.

“Raios partan as ovellas,

e volvan polo pastore,

e as pernas lle queden tortas, ai, meu amor!

o pasar os barrancón-es.

Prométoche unha almena,

con ventana e corredore,

teremos castelos fortes, ai, meu amor!

con ventanas ó redore”.

E os ombreiros encentados

das correas do zurrón-e

I os dentes apodrecidos, ai, meu amor!

de comer os requeixón-es”.