Saltar navegación

Proxecto: As mulleres na ciencia

 

O ano 2019 foi o Ano Internacional da Táboa Periódica, ese gráfico que agrupa os distintos elementos químicos da natureza. Aproveitando esa conmemoración, a investigadora Teresa Valdés-Solís realizou unha táboa periódica de mulleres científicas.

Teresa Valdés-Solís. A táboa periódica das científicas (CC BY-NC-SA)
  1. Cantas das mulleres científicas que aparecen na táboa coñeces? Se picas nos nomes de cada unha delas, accederás a unha breve explicación da súa contribución ao desenvolvemento da ciencia.
  2. Cal das mulleres científicas che interesa máis? Por que?