Inclusión
Desde unha perspectiva inclusiva e integral, establecida no noso país con carácter xeral pola lexislación educativa estatal en vigor e, de xeito específico, no artigo 24 da declaración internacional de dereitos das persoas con discapacidade (ratificada polo noso país, polo que o máximo rango normativo) e o Decreto 229/2011, os centros educativos deben dar resposta á diversidade asumíndoa como un factor de enriquecimiento. Para organizar e facilitar esta tarefa, desde o diálogo coa sociedade civil (fundamentalmente con outras entidades públicas e privadas de atención a diferentes colectivos), a consellería conta con diferentes protocolos que afectan a práctica de todo o profesorado, dado que a diversidade é unha característica de todo ser humano e, polo tanto de todo o alumnado; e a súa atención responsabilidade do conxunto docente na nosa comunidade.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0