En moitas ocasións debemos producir pensamento crítico nos foros en liña. Para estimular este pensamento crítico deben formularse preguntas e expoñelas de forma adecuada. Traemos aquí a traduccción das preguntas formuladas no artigo Teaching Critical Thinking Through Online Discurssions de Carol B. MacKnight sobre como expor cuestións que produzan discusión:
Preguntas aclaratorias:
- Que queres dicir con ______ ?
- Cal é o teu argumento principal?
- Que ten ______ que ver con _______ ?
- Poderías expolo de forma distinta?
- Cal crees que é o tema principal?
- Déixame ver se o entendo: queres dicir ___ ou ___ ?
- _____, poderías resumir coas túas propias palabras o que _____ dixo?
- _____, é iso o que querías dicir?
- Poderías darme un exemplo?
- Podería ser isto un exemplo?:_______
- Poderías explicárnolo con maior detalle?
Preguntas sobre a cuestión ou tema inicial:
- Como podemos deducir isto?
- Que supón esta pregunta?
- Podemos descompor esta pregunta?
- Lévanos esta pregunta a outras preguntas ou temas?
Preguntas que sondan as asuncións iniciais:
- Que presupós?
- Que poderiamos asumir en lugar de ____?
- Pareces estar a asumir que _____. Entendinche ben?
- Como xustificarías tomar iso como garantía?
- É sempre este o caso?, porqué crees que a asunción se sostén aquí?
Preguntas que sondan razóns e evidencia:
- Que podería servirnos de exemplo?
- Poderías explicarnos as túas razóns?
- Son esas razóns adecuadas?
- Tes algunha evidencia disto?
- Que é o que fai que o sintas así?
Preguntas que sondan implicacións e consecuencias
- Que tentas indicar con isto?
- Que efecto tería?
- Cal é a alternativa?
- Nese caso, calquera outra cousa será verdade?
Preguntas sobre puntos de vista e perspectivas:
- Como responderían a isto outros grupos de xente?, e por que?
- Como responderías á obxección que _____ faría?
- Algún ve iso doutro xeito?