Os alumnos de ámbitos virtuais de aprendizaxe deberán desenvolver capacidades para a...
- Aprendizaxe autónoma: deberá ser capaz de enfrontarse en solitario a unha parte dos contidos do curso resolvendo de forma autónoma algunha das dúbidas que se lle formulen.
- Aprendizaxe autorregulado: deberá velar polo cumprimento do seu plan de traballo, acorde coa programación prevista para o curso.
- Aprendizaxe colaborativa: terá que ser capaz de comunicarse e dialogar para chegar a acordos, tanto co profesor coma co resto dos seus compañeiros, pois a aprendizaxe colaborativa debe ser un elemento integrante dos cursos de formación en liña.
- Aprendizaxe conectada: deberá ser capaz de manter contacto cos demais e compartir nas redes sociais os seus descubrimentos acerca da temática do curso ao mesmo tempo que as usa, especialmente Twitter, para informarse e seguir a persoas con intereses afíns ampliando deste xeito o seu entorno persoal de aprendizaxe.
Características que ha de presentar un profesor ou profesora para recibir formación a distancia:
- Ter certa capacidade de auto-aprendizaxe e velo en si mesmo como positivo.
- Ser auto-disciplinado, con capacidade de controlar o tempo.
- Saber expresarse con claridade por escrito.
- Posuír certas habilidades e experiencia no manexo de ordenadores.
- Sentir a necesidade dunha determinada formación.
- Ter sentido positivo ante os pequenos problemas técnicos que se presenten e ser capaz de solucionalos.
- Ter un obxectivo claro no curso como, por exemplo, recibir unha certificación.
- Ter algúns coñecementos previos da materia que se vai tratar no curso.
- Tipoloxía de participantes habitualmente presentes nos cursos de formación en rede.
Existen varias clasificacións da tipoloxía de alumnos e alumnas frecuentes no cursos virtuais. Imos manexar unha, a que propón Lorenzo García Aretio, que aplicaremos nalgunhas actividades e tarefas.
- Cooperativos: Son os membros máis responsables porque achegan permanentemente ideas, debaten sobre as propostas dos demais e suxiren novos temas para a discusión, facilitan información, complementan o achegado por outros, axudan a quen o solicitan. Á vez, aprovéitanse das achegas do resto dos membros.
- Aproveitados: só interveñen para solicitar información ou opinións aos demais, ou interveñen só para anunciar algún evento, actividade ou produto do que eles poden obter algún proveito, así se benefician das vantaxes que ofrece un gran número de persoas cun perfil de intereses moi marcados.
- Silenciosos: pasivos pero internamente activos. Non adoitan participar, non se coñece quen son, pero len todas as mensaxes que se xeran. Non achegan, nin preguntan, nin ofrecen, pero si se benefician do fluxo de información e coñecemento que se xera no curso. Esta actitude pode estar xerada pola timidez ou complexo de inferioridade non justificado ou, realmente, porque quizais concibiron o foro de forma equivocada, os demais achegan e eu aprovéitome.
- Ausentes: aqueles que non len as mensaxes, aínda que lles chegan a todos. Están pero coma se non estivesen, ausentes. Desfiguran ao propio foro que loce un número determinado de membros, sen poder distinguir entre estes "ausentes" e os anteriores "silenciosos", dado que os únicos ben identificados son os dous primeiros grupos.