Atribución da propiedade intelectual
Flickr
Actividade - Atribuír unha imaxe tomada de Flickr
En eXeLearning, creamos un iDevice novo, de texto libre por exemplo ou unha Etiqueta, Páxina ou Libro en Moodle, inserimos unha imaxe tomada de Flickr.
Os Pasos:
- Localizar a imaxe en Flickr.
- Consultar os dereitos de autor.
- Descargala.
- Incorporala a un iDevice de eXe ou unha Etiqueta, Páxina ou Libro de Moodle
- Configurar o pé da imaxe con:
- a autoría
- o título ou a páxina web de orixe, ligándoa
- a licenza de propiedade intelectual, ligándoa ao texto legal da licenza.
- Facer accesibles as ligazóns do pé de imaxe, é dicir, indicando en "Título"
- que é unha ligazón
- a información que achegan ao premer nela e
- onde se abrirán, se na mesma xanela ou noutra.
Se pasas co rato por riba do pé da seguinte imaxe, verás os textos da acceibilidade.
Por exemplo:
Agora ti. Practica a atribución da autoria dunha imaxe tomada de Flickr, pero doutra imaxe distinta da anterior.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0