Atribuír unha obra derivada
Infórmate
Cando unha obra orixinal é adaptada, traducida, modificada ou, en xeral, transformada, o resultado é unha obra derivada, que ten os seus propios dereitos, como establece o artigo 11 da Lei de Propiedade Intelectual. Por exemplo, unha obra dun autor clásico español, do século XVII por exemplo, xa non terá dereitos patrimoniais de autor, ao superar con fartura o seu prazo de protección, pero a súa tradución ou adaptación teñen dereitos independentes que poderían estar vixentes (se ese tradutor ou adaptador está vivo ou hai menos de 70 anos que faleceu).
Non dubides en compartir os teus recursos... outras profesoras e profesores poderán empregalos... e melloralos. A licenza BY esixe que se cite a autoría orixinal e a licensa SA esixe que se fan obras derivadas as publiquen con esa mesma licenza. Co cal o traballo do autor orixinal irán enriquecéndose coas aportacións de toda a cadea pola que pase. Un ODE con licenza CC e que non sexa ND poderemos transformalo, adaptalo ás nosas necesidades ou gustos, coma se fose unha figura de plastilina. Agora ben, na atribución desa obra deberán aparecer todas as persoas que colaboraron nesa creación.
Un ODE publicado cunha licencia CC que NON inclúa ND (Non Derivate Works) poderemos transformalo, é dicir, facer unha obra derivada. Agora ben, como calquera ODE está publicado necesariamente con BY, pois o recoñecemento da autoría é obrigatorio, estamos obrigados a facer constar no pé da nosa obra derivada a autoría orixinal. Estuda o caso que se presenta a continuación.
Estudo de caso
Unha obra derivada consistente na traducción dun texto ao galego. Collamos breve fragmento dun caso real:
As tarefas integradas por competencias supoñen un enfoque metodolóxico no que os alumnos non son simples receptores nin repetidores de contidos. Convértense en protagonistas dunha situación ou contexto de aprendizaxe. As tarefas pasan a ser o núcleo a través do que debe gravitar o resto de elementos de traballo: contidos, recursos, autoavaliacións, etc... [1]
Referencia webgráfica:
[1] CEDEC. “As tarefas Integradas por Competencias | Guía para a creación de materiais educativos interactivos”, [En liña]. Dispoñible: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367513506/contido/as_tarefas_integradas_por_competencias.html. [Consulta: 6-xullo-2014] Licenza CC BY-SA, traducción de F. Díaz y P. Nimo. Fonte orixinal con licenza CC BY-SA.
Actividade - Crear o pé dunha obra allea e dunha obra derivada dela
Supoñamos que atopas en Wikimedia Commons unha imaxe, que transformas. Os seus datos e licenza son:
Datos da imaxe de Wikimedia Commons: Esquemas iglesia. Dominio público
- Imaxe orixinal:
- Supoñamos que fixeches a seguinte obra derivada (consistente en traducir ao galego os seus textos).
- Debes facer o pé de ambas imaxes, a orixinal e a derivada.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0