Atribuír unha imaxe
Infórmate
A atribución da propiedade intelectual dun ODE consiste basicamente en achegar os datos suficientes para identificar o recurso, ao seu autor ou autora, o seu lugar de orixe así como a licenza coa que está publicado. Ademais, débese incluír ligazóns á fonte do recurso e aos termos da licenza.
As imaxes, multimedias... que insiramos no curso virtual deben levar sempre o pé no que se indique o autor, título, fonte orixinal (se é allea) e a súa licenza.
Esta información aparecerá no tamaño de fonte 1 (8 puntos) nunha fila debaixo da imaxe.
Estudo de caso
Atribución da autoría dunha imaxe: Autor, título, fonte e licenza
Antonio Lomba. Alzado dun carro tradicional galego. En Banco de imaxes do INTEF. CC BY-NC-SA
Cabe a posibilidade de simplificar o pé ligando a páxina orixinal do ODE no texto do título, é dicir: Autor, título (ligado á fonte) e licenza. Por exemplo:
Antonio Lomba. Alzado dun carro tradicional galego. CC BY-NC-SA
Referencias webgráficas
- CEDEC “Uso de contenidos bajo derechos de autor | Guía para la creación de materiales educativos interactivos”, [En liña]. Dispoñible: http://descargas.pntic.mec.es/cedec/guia_materiales/contenidos/guia/uso_de_contenidos_bajo_derechos_de_autor.html.[Consulta: 30-xuño-2014].
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0