Rexistro

Para rexistrarnos en Diigo, en primeiro lugar, debemos acceder á súa páxina http://www.diigo.com

 

O procedemento de rexistro é moi sinxelo e comezarémolo pulsando en calquera das dúas seguintes opcións:

                                                                                                                  

Para beneficiarnos no futuro dos privilexios da conta “Basic Educación” de Diigo, é recomendable usar unha conta de correo electrónico institucional, como as de extensión edu.xunta.es. Unha vez completado o formulario de rexistro enviaránnos á conta de correo utilizada, un email de confirmación de rexistro que deberemos abrir e seguir as instrucións para activar a nosa conta. Non en tanto, podemos rexistrarnos tamén usando calquera outra dirección de correo e ata usando a nosa conta de Facebook, Twitter, Google (gmail) ou Yahoo:

               

 

Unha vez rexistrámonos/rexistrámosnos e accedemos a Diigo debemos solicitar a actualización da nosa conta á categoría “Basic educación” para poder dispoñer dos privilexios anteriormente citados. Para iso debemos acceder a http://www.diigo.com/education e pulsamos sobre “APPLY FOR YOUR EDUCATOR UPGRADE” e completamos o formulario que nos aparecerá:

 

                      

 

Unha vez aprobada a solicitude recibirase un email de activación. Si non se recibiu en 48 horas, ou non se pode atopar o email de confirmación, deberemos contactar co correo de asistencia: education@diigo.com Tamén deberemos contactar si usamos ou non temos unha dirección de correo electrónico institucional.