Marcadores Sociais

A tarefa cotián de busca, localización e recuperación na rede de documentos de apoio para a aprendizaxe vese moi favorecida polos navegadores de internet; debido a esta tarefa é cada vez máis sinxela, a cantidade de información a que nos achega e tan grande que, ás veces, resulta ata molesta.  A miúdo, localizamos unha páxina de interese e perdémola debido a outras buscas que nos fan cambiar de páxina. A opción que nos dan os navegadores para rexistrar os marcadores ou os sitios favoritos, non é suficiente debido a cantidade inxente das direccións rexistradas que fan moi incómoda busca e rescate de ditas páxinas.

Tamén hai que ter en conta que tanto a ferramenta de Marcadores no Mozilla Firefox ou Favoritos en Explorer ou Chrome é propia en cada ordenador no que se traballa, é dicir, se cambio de ordenador e ao abrir o navegador, non teñen porque aparecer, de feito, non aparecen, en Favoritos ou Marcadores dese novo ordenador, as mesmas páxinas que marcamos no outro.

Unha opción para axilizar a localización, rexistro e acceso en calquera ordenador dos marcadores é apoiarse nos Sistemas de Marcadores Sociais (SBS) que son unha forma de almacenar, clasificar, e compartir enlaces en internet. Nun SBS os usuarios gardan a súa lista de sitios preferidos ou útiles que pode ser accesible de maneira persoal ou pública para outras persoas que se consideren oportunas e en calquera lugar que teñamos conexión a internet.

Un destes SBS máis utilizados é DIIGO (Digest of Internet Information, Groups and Other stuff) que ten catro opcións: FREE, FREE EDUCATION , BASIC e PREMIUM. Ás dúas primeiras son gratis e polo tanto traballaremos na FREE EDUCATION.