Librería

Cando nos atopamos na nosa librería de Diigo (“My library”), dispoñeremos de todos os nosos favoritos ordenados cronológicamente desde o último marcado. Ademais, na columna da
esquerda atoparemos tres seccións diferenciadas e que debemos coñecer:
· My ítems
· My tags
· My lists

Cada unha das páxinas marcadas verémola na nosa librería cun formato similar ao seguinte (pode personalizarse a información mostrada na opción “View”:

                 

Si pulsamos sobre o título accederemos ao noso favorito. Debaixo do título atoparemos outra información como a descrición e as etiquetas da páxina marcada, así como algunhas opcións de traballo e edición:

  • “Not catched” realiza unha captura fotográfica da páxina web. Se aparece “catched” é que xa a realizamos
  • “Edit” permite editar o favorito para inserir cambios nas súas opcións (etiquetas, título, URL,...)
  • “Delete” elimina o favorito.
  • “Share” permítenos compartir do favorito.
  • “Preview” mostra un iframe na propia páxina de Diigo no que nos mostra a páxina web do favorito.

Na sección "My ítems" permítenos realizar diversas funcións:

  •  “Add+” permítenos engadir un novo favorito, imaxe ou nota.
  •  “All” mostra todas as páxinas marcadas.
  •  “Read Later” mostra aqueles favoritos que marcamos para ler máis tarde. Esta opción só está dispoñible si instalamos a barra de ferramentas do navegador.
  •  “Bookmarks” mostra todos os marcadores
  •  “Images” mostra as imaxes que marcamos con Diigo.
  •  “Notes” mostra todas as notas que creamos con Diigo.

Na sección “My tags” atoparemos as tiquetas que usamos ao marcar os favoritos para axudarnos a gestionar a procura destes dunha forma eficiente

  •  “Recent Tags” mostra as últimas etiquetas tilizadas
  •  “Edit” permite editar as etiquetas para cambialas, e permítenos navegar a través delas.
  •  “Top Tags” mostra as etiquetas que máis visitamos
  •  “View all Tags” móstranos todas as etiquetas

Desde “My lists” poderemos acceder a todas as listas de favoritos que creemos, ou crear novas, tal e como veremos máis adiante.