"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse
nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento
do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e
eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso
progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo
tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e
da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas
bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só.
Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material".
Felipe Criado-Boado
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Foi Premio nacional de investigación 2023.
- PDF MANIFESTO
- FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
- MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO
- PINTEREST CIENCIA EN GALEGO
- MALETAS VIAXEIRAS (Ciencia, Economía, Física e Química, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Libro Informativo)
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Selección de libros científicos
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Recursos e experiencias científicas
- CEIP Nosa Sra. das Dores (Forcarei-Pontevedra): Lecturas científicas, A Maxia dos Venres
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Retos científicos, PDI "Mosteirón Conciencia"
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): Mes da Ciencia en Galego
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Obradoiro de Calidociclos