- PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO
Información
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2024/25
Bibliotecas Escolares Solidarias 2023/2024
Resolución definitiva do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2023/24
Resolución provisional de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2023/24
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2023/24
Bibliotecas Escolares Solidarias 2022/2023
Resolución definitiva dos centros ás iniciativas de Voluntariado para o curso 2022/23
Resolución provisional dos centros adheridos ás iniciativas de Voluntariado para o curso 2022/23
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2022/2023
Modalidades |
Obxecto
|
Ámbito de aplicación |
1 Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
|
2 Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) | Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes. |
|
3 Voluntariado de lectura-A (Primaria) | Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura. |
|
Bibliotecas Escolares Solidarias 2021/2022
Bibliotecas Escolares Solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado para o curso 2021/2022 (primaria e secundaria
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2021/2022
Iniciativa | Finalidade | Carcaterísticas |
1 Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
|
2 Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.
|
|
3 Voluntariado de lectura-A (Primaria) | Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura |
|
Bibliotecas Escolares Solidarias 2020/2021
#bescolaresgalAbertas: Voluntariado na biblioteca escolar
Ao inicio deste curso, o traballo das bibliotecas escolares semellaba, máis que nunca, unha tarefa de difícil desempeño. Rematando xa o primeiro trimeste, as evidencias son que , aos poucos, as actividades sistematizadas van retornando.
E así ocurre co Voluntariado na biblioteca escolar, unha das iniciativas do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Un curso máis os voluntarios e voluntarias, tanto de primaria como de secundaria, comprométense a realizar unha serie de tarefas en relación coa biblioteca. Axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe, editan vídeotitoriais que explican as novas normas, a formación de usuarios, o funcionamento das mochilas viaxeiras; realizan os préstamos nas súas aulas, desenvolven actividades de fomento da lectura, obradoiros creativos, programas de radio...
A pesar da situación, e máis que nunca, este programa continúa favorecendo actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida.
Na imaxe, voluntario preparando unha mochila viaxeira na biblioteca do CEP Brea Segade (Taragoña-Rianxo)
Actividades de voluntariado nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Colaboradores da biblioteca, Colaboradores da biblioteca en acción
- CEIP de Chancelas (Poio-Pontevedra): Comezamos co préstamo
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Volve Onda Ti!
- CEIP de Foz nº1 (Foz-Lugo): Obradoiro de Radio na biblio , Preparando programas en directo , Vídeo 25N , Convocatoria para axudantes de biblioteca, Obradoiros con Paola Guimeráns
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Creando espazos creativos, inclusivos e seguros
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Obradoiro chapas 25N , Coñece a túa biblioteca , Formación de usuarios , Crea cos escornabots
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Biblioaxudantes 2020-21, Biblioaxudantes_"Novo mundo, nova radio"
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Recomendacións "New English Books"
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): O voluntariado non descansa!
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Axudantes da biblioteca
- CEIP de San Ramón (Moeche-A Coruña): Obradoiro de radio na escola
- CEP Brea Segade (Rianxo-A coruña): Directos no recreo , Mochilas seguras, revisadas e sorteadas , Axudantes de 5º e 6º
- CPI Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): Achega das novidades , Sen máscaras!
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Queres ser voluntaria/o da biblioteca
- IES Cabo Ortegal (Cariño-A Coruña): Inicio do voluntariado, Equipos de voluntarixs da biblioteca 2020/2021
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día da Ilustración
- IES Valadares Vigo-pontevedra): Recreos na biblioteca
- IES de Viós (Abegondo-A Coruña): Espazo de encontro! Os voluntarios en marcha!
Bibliotecas Escolares Solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado para o curso 2020/2021 (primaria e secundaria
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020/2021
Iniciativa | Finalidade | Características | |||
1 | Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar |
|
||
2 | Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes. Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
|
||
3 |
Voluntariado de lectura - A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|
Bibliotecas escolares solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado para o curso 2019/2020 (primaria e secundaria)
O Portal Educativo publicou as relacións de centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, segundo a convocatoria deste programa do 4 de novembro de 2019.
Segue aumentando o número de centros inscritos en cada un dos grupos:
VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 106 centros inscritos.
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR (alumnado de ensino secundario): 121 centros adheridos.
Esta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2019/2020
O Portal Educativo publica hoxe a Resolución de 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2019/2020.
No curso pasado realizaron voluntariado na biblioteca escolar un total de 1.245 alumnos e alumnas de secundaria, así como 2.245 alumnos e alumnas de primaria (5º e 6º). O seguinte cadro resume o contido do programa e as datas clave para cada unha das modalidades:
|
Iniciativa |
Finalidade |
Características |
1 |
Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” |
Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan ovoluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
- Convocatoria anual. - Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2020. - Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar) - As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU, de desenvolvemento sustentable. |
2 |
Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
- Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para - Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
- As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 30/11/2019). - Remitir datos alumnado (data límite: 28/05/2020) |
3 |
Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
- Inscrición con data límite 30/11/2019 - Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 27/04/2020). - Seleccionaranse un mínimo de 10 experiencias.Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2020) |
Resolución da convocatoria do I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio
O Portal Educativo publica a resolución do I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. Dos 107 podcasts presentados, de 64 centros públicos, prémianse 8 traballos pola súa boa práctica. Os podcasts galardoados serán difundidos pola Radio Galega a través das súas páxinas http://www.diariocultural.gal/ e http://www.crtvg.es/rg , incluíndo información sobre estes traballo na súa programación especial co gallo do Día das Letras Galegas.
Bibliotecas Escolares Solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado (primaria e secundaria)
Publicáronse no Portal Educativo as relacións dos centros que se adhiren a dúas das iniciativas incluídas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, segundo a convocatoria deste programa do pasado 30 de novembro de 2018. Segue aumentando o número de centros inscritos en cada un dos grupos:
- VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 82 centros inscritos.
- VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR (alumnado de ensinanzas secundarias): 101 centros adheridos.
Estas iniciativas son froito da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (D.X. de Centros e Recursos Humanos) e a Consellería de Política Social (D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado).
Convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2018/2019
O Portal Educativo publica hoxe a Resolución de 30 de novembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca, para o curso 2018/2019, o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, en colaboración coa D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social).
No curso pasado participaron realizaron voluntariado na biblioteca escolar un total de 1.128 alumnos e alumnas de secundaria, así como 2.032 alumnos e alumnas de primaria (5º e 6º). Recibiron o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" dous novos centros e renovaron este selo tres centros que xa o recibiran na convocatoria de 2015. O seguinte cadro resume o contido do programa e as datas clave para cada unha das modalidades.
1 | Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar |
|
2 | Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) | Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes. Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
|
3 | Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|
Relación de centros inscritos en "Voluntariado na biblioteca escolar" e "Voluntariado de lectura-A"
O Portal Educativo publica as listaxes de centros inscritos en dúas accións integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2017/2018:
- Voluntariado de lectura-A (alumnado de 5º e 6º de primaria)
- Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria)
Este programa foi convocado segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do pasado 27 de novembro de 2017, froito da colaboración entre a CCEOU e a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Aumenta o número de centros adheridos a estes programas que xa acolleron un bo número de participantes no curso anterior. En Voluntariado de lectura-A (primaria) participaron no curso 2016/2017 un total de 1.919 alumnos e alumnas; no mesmo curso, realizaron actividades de voluntariado na súa biblioteca escolar un total de 803 alumnnos e alumnas de centros de ensino secundario.
Convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2017/2018
O Portal Educativo publica hoxe a Resolución de 27 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convocan as distintas iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, correspondentes ao curso 2017/2018, e que aparecen recollidas no seguinte cadro:
"Bibliotecas escolares solidarias" é froito da colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) e contempla o recoñecemento dos labores realizados por grupos de nenas e nenos como voluntarios e voluntarias de lectura na bibliotecas escolar nos centros de primaria, así como os labores que levan a cabo mozos e mozas como voluntarios nas bibliotecas de institutos e outros centros de ensino postobrigatorio, mediante a emisión dos correspondentes diplomas acreditativos e o rexistro de horas de voluntariado, para o caso do alumnado de secundaria. A iniciativa denominada "Voluntariado de lectura-A" supón a posibilidade de optar a unha formación no propio centro en materia de lectura expresiva, narración oral, escrita, elaboración de audiovisuais, radio ou outras aínda por definir, destinados ao grupo de voluntarios e voluntarias, unha formación que facilitaría ao alumnado dos centros que resultasen seleccionados o seu labor nos anos seguintes.
|
Iniciativa |
Finalidade |
Características |
1 |
Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” |
Recoñecer a |
|
2 |
Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
|
|
3 |
Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado |
|
Centros seleccionados en Voluntariado de lectura-A: disfrutando dos premios
Máis informacións nos blogue da biblioteca
(ver entrada no blogue do centro)
Resolución "Voluntariado de lectura-A" e Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
O Portal Educativo publica hoxe, 22 de maio, a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias en dúas das súas accións: Voluntariado de lectura-A (Primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
- Voluntariado de lectura-A: Seleccionaráronse 8 centros, vistas as memorias de actividades presentadas por 52 dos 56 centros inscritos nesta iniciativa.
- CEIP Francisco Vales Villamarín, de Betanzos (A Coruña)
- CEIP Nicolás del Río, de Cedeira (A Coruña)
- CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo)
- CEIP P. Virxe do Carme, de Sober (Lugo)
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso, de Pobra de Trives (Ourense)
- CEIP A Sangriña, de A Guarda (Pontevedra)
- CEP Altamira, de Salceda de Caselas (Pontevedra)
- CEIP Leirado, de Salvaterra do Miño (Pontevedra)
2. Selo "Biblioteca Escolar Solidaria": Concédese o Selo ao CRA MESTRA CLARA TORRES, de Tui (Pontevedra).