Bibliotecas Escolares Solidarias 2021/2022: centros seleccionados en Voluntariado de Lectura-A (primaria) e Selos "Biblioteca Escolar Solidaria"

Mar, 24/05/2022 - 10:41
bes

Publícase a Resolución do 23 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2021/2022. Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2021/2022 a 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.

Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias dun total de 64 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2021/2022.

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).