Bibliotecas Escolares Solidarias 2020/2021: centros seleccionados en Voluntariado de Lectura-A (primaria) e Selos "Biblioteca Escolar Solidaria"

Mér, 19/05/2021 - 14:46
bes

Publícase a Resolución de 18 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2020/2021. Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2020/2021 a 4 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.

Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias dun total de 62 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, no curso 2020/2021.

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2016-2020 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).