Convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2020-2021
Lun, 16/11/2020 - 13:39
Achégase arquivo coa Resolución de 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2020/2021. Esta iniciativa, que se leva a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, contempla tres posibles actuacións que se resumen no seguinte cadro, no que se detallen, así mesmo, as datas de presentación de solicitude en cada caso.
|
Iniciativa |
Finalidade |
Características |
1 | Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
|
2 | Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) | Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.
Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
|
3 | Voluntariado de lectura – A
(Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|