Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.
(Margarita Engle)
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é EEUU que difunde a mensaxe de Margarita Engle, lustrada por Roger Mello: A música das palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de María Canosa.
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Vídeocontos de Andersen (Proxecto Contos e Cantos)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Información, Contos do voluntariado
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Día Internacional do Libro Infantil 2021
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Queres saír na portada do teu libro favorito?
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Camiñando coa Música das Palabras