Resolución provisional da convocatoria do PLAMBE en centros públicos para o curso 2021/2022
Achégase arquivo coa Resolución provisiónal da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/2022, segundo Orde de 19 de abril de 2021 (DOG DO 04/05/2021). Selecciónanse os 25 centros de nova incorporación previstos na convocatoria, con detalle das contías asignadas inicialmente. No caso de producírense renuncias ou baixas entre os centros integrados actualmente neste programa, poderá aumentarse o número de centros incluídos nesta resolución provisional. A resolución definitiva publicarase no DOG, unha vez rematado o proceso, e nela recollerase a totalidade de centros públicos integrados no PLAMBE para o curso 2021/2022, así como as contías asignadas finalmente.
Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte a esta publicación, para a presentación de alegacións, tal e como se recolle no artigo 12º (Resolución), punto 2, da orde de 19 de abril.