Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

Radio Arrabal Fin de curso XUÑO 2024

Ultimísimo programa da Radio Arrabal deste curso 2023-2024. Despedida, un pouco de música e entrega de premios do gran concurso da nosa radio. Noraboa a tod@s @s premiado e moitas gracias por participar. Para o ano que ven moito máis e mellor. Agora toca descansar e escoitar os progrmamas anteriores e buscar novos retos. Feliz verán desde a radio máis molona de todo o Baixo Miño.

A voar nas ondas da Radio Arrabal!!!!

PROGRAMA FINAL OIADORES DE QUINTO

 Neste último programa o alumnado de quinto de primaria fálanos dos temas que máis lle interesan. Estes son os catro podcast do programa que tedes diante:

DEPORTES, FESTAS EN OIA, BAILE E NOTICIARIO.

Disfrutade do programa e felices vacacións!!!

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 10

Último programa deste curso de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Neste programa anécdotas coa estación meteorolóxica, o noso científico preferido e o seu mundo cos tomates, viaxe e investigacións ao "Cano dos Mouros", entrevistas tolas a o noso amigo Calipo e ataques de xabaríns. Tamén a última pregunta do concurso do Arrabal, e para o próximo venres entrega de premios. Xa non queda nada!!!

A voar nas ondas da Radio Arrabal!!!

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 9

Noveno programa de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Esta semana desprazámonos ao curro de Mougás e alí falamos cun invitado moi especial. Máis historias e sucesos varios que nos ocorren día a día, ata unha viaxe sorpresa ao antigo Exipto. E non vos olvidedes do concurso da Radio Arrabal que queda pouco para a gran final. A voar nas ondas do Arrabal.

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 8

Novo programa de Tolemias Inimaxinables e parece que xa chega o verán. Programa cargadiño de contidos do máis extravagantes: podcast sobre Luisa Villalta, relatos misteriosos arredor da casa forestal de Oia, entrevista ao bufo Raio e o seu primo, espazos publicitarios e moita música para este tempo estival. A desfrutar e voar coas ondas de Radio Arrabal.

 

"LAtexos a 440" (Podcast sobre Luisa Villalta)

"LAtexos a 440" é unha pequena peza de teatro radiofónico creada pol@s nen@s de cuarto onde tentamos introducir aos radiooíntes nunha historia de loita, música e superación xurdida da reinterpretación do libro e posterior filme “Fahrenheit 451” de Ray Bradbury a través dunha anécdota vivida por Luisa Villalta cando era mestra no seu instituto. Ademais poderase encontrar alusións a outras obras e temáticas importantes para a escritora. Clika na imaxe para escoitalo.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut