Banco de experiencias
Traballos premiados no II Concurso de Traballos por Proxectos (curso 2014/2015)
25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Fóra de control
A quen chamo, como visto, onde andabas metida...
En canto valoras, my boy, este corte de mangas?
Carlos Negro. Penúltimas tendencias
Desde o IES Lucus Augusti (Lugo) chéganos este vídeo informativo sobre as orixes da celebración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade, a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.
- CEIP Frián-Teis (Vigo): 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CPI Cabo da Area (Laxe): Lecturas para un 25N diferente
- CPI da Cañiza (A Cañiza): 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero
- EEI Barrionovo (Arteixo): Guía CONTRA a Violencia de Xénero - Stopmotion: Di non e punto
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Tríptico da semana contra a violencia de xénero
- IES Laxeiro (Lalín): 25 N. Novamente
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero-- Non á violencia de xénero
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Día 25 de Novembro
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba): Todo o centro contra a violencia de xénero (varias entradas sobre o 25N)
- IES Xoán Montes (Lugo): Día contra a Violencia de Xénero
VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Materiais
Están dispoñibles en redeBE os materiais (presentacións, informacións, ligazóns de interese) das VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebradas recentemente en Santiago de Compostela.
A biblioteca, un espazo de colaboracións
A biblioteca pode ser un espazo de colaboración con outros departamentos e algunhas datas do calendario civil poden favorecer o deseño e realización de actividades que respondan a obxectivos de determinadas disciplinas, ao tempo que se lles dá voz aos mozos e mozas e se lles propón a participación en situaciones de reflexión e diálogo. Neste exemplo que nos chega desde o IES Blanco Amor, de Ourense, vemos tamén a participación do alumnado voluntario na biblioteca escolar, que colabora co seu traballo solidario na ampliación de información sobre o tema tratado e contribúe a que o instituto sexa un auténtico espazo de cultura cidadá. Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora,froito da colaboración entre o Departamento de Educación Física e a Biblioteca, recompilouse información sobre a muller no deporte e levouse a cabo unha mesa redonda coa participación de mulleres que destacan no deporte (algunhas delas alumnas do centro), para debater sobre a presenza da muller deportista nos medios de comunicación. O alumnado voluntario na biblitoeca escolar recompilou información dos medios sobre este tema e o resto do alumnado participou activamente na actividade. Velaquí a crónica desta experiencia:
8 de marzo de 2015, imprescindible data no calendario civil
- CEIP Frián-Teis (Vigo): Unha muller na primeira xesta sanitaria
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Sete mulleres con luz propia
- CEIP Milladoiro (Malpica): Biografías de mulleres en formato audiovisual
- CEIP A Pedra (Bueu): 8 de marzo, Día Internacional da Muller
- CEIP A Pontenova (A Pontenova): Día daMuller Traballadora
- CEIP Ramón de Valenzuela (antes CEIP de Bandeira, Silleda): 8 de marzo
- CEIP Saco e Arce (Toén): As mulleres tamén pintan
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Non fai falta ser muller para loitar polos dereitos da muller
- CEIP de Sigüeiro (Oroso): Ela é... muller
- CEIP Virxe do Carme (Burela): Día da Muller Traballadora
- CMUS Xan Viaño (Ferrol): Feminismo e música -- 8 de marzo, unha colaboración da ANPA
- CPI A Cañiza (A Cañiza): Día da Muller Traballadora
- CPI de San Sadurniño (San Sadurnniño): María Woneburger, a mociña de Montrove que se dedicou ás matemáticas.
- EEI Barrionovo (Arteixo): As mulleres nas rúas da Pastoriza -- Estas mulleres merecen unha rúa
- IES Félix Muriel (Rianxo): As mulleres que len...
- IES Fernando Esquío (Neda): 8 de marzo, Día da Muller Traballadora -- A muller na I Guerra Mundial, carteis da exposición
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): 8 de marzo no Fontem Albei
- IES Laxeiro (Lalín): Poemas para o 8 de Marzo
- IES Lucus Augusti (Lugo): 8 de marzo de 2015
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Trivial Feminista (do Observatorio da Mariña pola Igualdade)
- IES Pazo da Mercé (As Neves): 8 de marzo
- IES Porto do Son (Porto do Son): Ser, mirar, escoitar: a mullero e o patrimonio
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Día Internacional da Muller (achega das rapazas do Club de lectura "Sopa de Letras", de 1º de ESO)
- IES San Paio (Tui): As Precursoras -- Muller e música -- Con F de film e feminino 1 -- Con F de film e feminino 2
- IES Universidade Laboral (Culleredeo): Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora
- IES Xoán Montes (Lugo): Mulleres tras as liñas
Na imaxe, mozas lendo no IES Laxeiro (Lalín)
30 de xaneiro: a Cultura de Paz nas bibliotecas escolares
Avanza o mes de xaneiro cara unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día EScolar pola Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi, hai agora 67 anos. Os centros educativos acostuman aproveitar esta data para traballar de forma intensiva contidos propios da Cultura de Paz:
"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)
- CEIP de Andrade(Pontedeume, A Coruña): Paz 2015
- CEIP Antonio Pedroso Latas (Viviero, Lugo): Celebramos o Día da Paz
- CEIP de Bandeira (Silleda, Pontevedra): Lecturas pola Paz
- CEIP Barrie de la Maza (Santa Comba, a Coruña): Inimigos ou amigos. Día da Paz
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada, Pontevedra): Día da Paz 2015
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Música para a Paz -- Cancións para a Paz
- CEIP de Cespón (Boiro, A coruña): Malala no noso xornal
- CEIP Coirón - Dena (Meaño, Pontevedra): Día Escolar da Paz
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, A Coruña): Así foi o noso Día da Paz
- CEIP Filomena Dato (BArbadás, Ourense): Paz + Matemáticas -- A educación fainos libres e amigos da Paz
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): Prensa, migracións e Paz -- Historias da emigración -- Así celebramos o Día da Paz
- CEIP Julio Gurriarán (O Barco, Ourense): Premios Nobel
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela):Libros para a Paz -- Preparando o Día da Paz
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño, Pontevedra): Obxectivos de desenvolvemento do Milenio-- Aprendendo sobre a Paz
- CEIP Manuel Rodríguez Sinde (a Guarda, Pontevedra): Libros pola Paz - Receitas para a Paz
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra): O noso luminoso Día da Paz
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra): Día da Paz
- CEIP Pilar Maestú Sierra (a Pobra do Caramiñal, A Coruña): Malala e o Día da Paz
- CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Conmemoramos o Día da Paz
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra): Cuestións de Paz 2015
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Festexamos o Día da Paz
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): +Paz
- CEIP Salgado torres (A Coruña): No camiño... proxectando paz
- CEIP Serra de Vincios (Gondomar, Pontevedra): 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Malala Yousafzai -- Cantando pola Paz
- CEIP Vista Alegre (Burela, Lugo):Día Escolar pola Paz 2015
- CEIP Xesús Golmar (Lalín, Pontevedra): Paz no seu día
- CMUS Xan viaño (Ferrol, A Coruña): Concerto pola Paz -- Premios "Música para a Paz"
- CPI A CAÑIZA ( A Cañiza, Pontevedra): 30 de xaniero, día da Paz -- Traballos do alumnado -- Materiais para a Paz
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): O CMAL no Día da Paz -- Contos e música no Día da Paz
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Quedada para ler ... en Paz (guía de lecturas)-- Onde me encontro? rúa da Paz -- Picasso pinta PAZ -- Para merendar... en Paz
- EEI de Vilarrodís (Arteixo): Día da Paz
- IES Blanco Amor (Ourense): Imaxinado a Paz
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Boletín Premiados Paz 2015 --Boletín Selección lecturas para a Paz 2015
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo): Que é para ti a Paz?
- IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra): Día da Paz e da Non Violencia
- IES Laxeiro (Lalí, Pontevedra): Lecturas Paz 2015
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): As bibliotecas son o mellor escenario para a Paz
- IES Monte das Moas (A Coruña): Actividades pola Paz
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Palabras de Paz (escolma poética)-- Libros e cine sobre o Holocausto
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra): Bo trato: contra todo tipo de violencia
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Radio Patio coa Paz (unha colaboración da Biblioteca eo ENDL)
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Votación de frases sobre a Paz -- Semana da Paz
- IES San Paio (Tui,Pontevedra): Melodías de Paz -- Cine e lecturas para a Paz -- París ben vale unha Paz -- Si vis pacem, para pacem-- O sangue dos mensaxeiros -- Cando escribir non resulta de balde
- IES Xograr AfonsoGómez Sarria, Lugo): Mil grúas pola Paz -- Máis cousas para celebraro Día da Paz
- Materiais Seminario Galego de Educación para a Paz - 2015
Novos artigos de bibliotecas escolares na revista EDUGA
- Apartado BIBLIOTECA ESCOLAR
- Apartado BOAS PRÁCTICAS:
- OS XOGOS TRADICIONAIS. Un proxecto interdisciplinar coordinado pola biblioteca (IES Rafael Dieste, A Coruña)
- VOLUNTARIADO DE LECTURA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (Responsables das bibliotecas dos centros seleccionados na convocatoria de Voluntariado de Lectura-A, no curso 2013/2014)
- NAVEGANDO NUN MAR DE INFORMACIÓN (CEIPPlurilingüe de Andrade, Pontedeume)
- A BIBLIOTECA NO CENTRO (CEIP de Pazos, Ferrol)
- A BIBLIOTECA MUSICAL NUN CONSERVATORIO DE MÚSICA (CEMUS Xan Viaño, Ferrol)
- CIENCIA E BIBLIOTECA ESCOLAR (CEIP de Cespón, Boiro)
- COMPARTINDO A BIBLIOTECA (IES As Mariñas, Betanzos)
- FEIRA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA. BIBLIOTECA E CIENCIA 2014 (IES Eduardo Blanco Amor, Ourense)
- ÁFRICA DIVERSA, COÑECER PARA COMPRENDER (IES Antón Losada Diéguez, A Estrada)
- Apartado HORA DE LER:
- CINCO ANOS NA BOCA DO LOBO (Club de lectura "A boca do lobo", do IES de Mugardos)
- TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ (IES de Allariz)
- LEMOS LE. BIBLIOTECAS E LIBRERÍAS UNIDAS POR E PARA A LECTURA (CEIP Virxe do Carme, de Sober; CEIP A Gándara, de Monforte de Lemos)
- BENVIDA E BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA (CEIP Saco e Arce, de Toén)
- CINCO ANOS NA BOCA DO LOBO (Club de lectura "A boca do lobo", do IES de Mugardos)
ESTE ENLACE dá acceso a todos os artigos publicados até o momento porla revista EDUGA na sección de BIBLIOTECAS.
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO: Xogos. CPI Cernadas de Castro
O alumnado de 1º de ESO do CPI Cernadas de Castro, de Lousame, traballou nun proxecto denominado XOGOS, na materia de Proxecto Interdisciplinar, durante o curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios do Concurso de Traballo por Proxectos, na modalidade de Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO, de temática científica (boa parte do traballo está relacionada relaciona os xogos e as ciencias ou a tecnoloxía).
Inveestigar sobre xogos e xoguetes, construílos, aprender a xogar, ensinar a outros, realizar maquetas, amosar os seus traballos nun blogue, facer a presentación das súas investigacións a través do kamishibai... foron algunhas das actividades levadas a cabo durante o desenvolvemento do proxecto.
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO: Danzas tradicionais de Cangas. IES Monte Carrasco
O Proxecto Interdisciplinar é unha materia de 1º de ESO, cunha carga lectiva dunha hora semanal, que está orientada a que o alumnado adquira as habilidades necesarias para poder realizar traballos de investigación con distintas fontes informativas, e a guiar a súa propia aprendizaxe, a través da realización de traballos concretos mediante a metodoloxía de proxectos, cun enfoque interdisciplinar. Cando a biblioteca escolar ten clara a súa función, apoia de forma incondicional ao profesorado que imparte esta materia e, en ocasións, son os membros do equipo de biblioteca quen se encargan de impartila, porque atopan unha ocasión única para impartir os contidos ALFIN, esa cuestión urxente no ensino secundario.
AS DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS é o proxecto presentado polo IES Monte Carrasco (Cangas do Morrazo) que acadou premio no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO. O traballo desenvolvido ao longo do curso 2013/2014 conseguíu que o alumnado de 1º de ESO coñecese en profundidade as danzas tradicionais do seu concello, un patrimonio cultural de gran valor; que interrelacionase con membros da comunidade escolar e con institucións culturais de Cangas para recabar información, para aprender a facer os traxes e mesmo a bailar unha das danzas, a danza de Darbo, parroquia na que está ubicado o centro. O proxecto estivo coordinado por un membro da biblioteca escolar e esta foi unha ferramenta fundamental para todo o traballo de documentación, como é a súa función.
Proxectos de investigación: A Arte da Natureza. CPI Virxe da Saleta
Os alumnos e alumnas de ensino secundario do CPI Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea, xunto co profesorado dos departamentos de Bioloxía e Lingua Castelá e Literatura, embarcáronse durante o curso 2013/2014 nun proxecto sobre as árbores que titularon "A Arte na Natureza",a través do cal coñeceron en profundidades as árbores máis comúns na súa contorna. Un traballo descriptivo, con recompilación de textos poéticos, imaxes artísticas e traballo lingüístico coa identificación do nome de 35 árbores en galego, castelán, inglés e francés. Toda a información está recollida en láminas, que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca escolar, ademais de estar dispoñibles en formato electronico.
Este traballo foi merecedor dun premio no concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de proxectos de investigación, con temática científica.
- PROXECTO A ARTE NA NATUREZA
- A ARTE DA NATUREZA. O PROXECTO NA WEB DO CENTRO
- A BIBLIOTECA na web do CPI SAN CRISTOVO DE CEA
Proxecto de investigación: O niño de Cecilia. CEIP Juan Rey
O alumnado de ensino infantil do CEIP Juan Rey (Lourenzá, Lugo) aprendeu moito sobre os paxaros e os seus niños con este proxecto titulado "O niño de Cecilia", que levaron a cabo no 3º trimestre do curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios da modalidade Proxecto de investigación de ciclo/departamento (temática científica), no Concurso de Traballos por Proxectos.
A partir dunha anécdota real (A Cecilia trouxéranlle seus pais como agasallo, logo dunha viaxe a Francia, un niño artificial de paxaros), iinventaron un conto "O niño de Cecilia", nvestigaron sobre as aves e os seus niños, observáronas con atención e tomaron boa nota nas correspondentes fichas de observación, fixeron un libro sobre os paxaros, elaboraron un libro de recitas con ovos...
Proxecto de investigación: Proxecto Chuny Vázquez. CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Chuny Vázquez é o nome polo que se coñece á escritora e pintora de A Guarda María Asunción Vázquez Vicente. E Chuny Vázquez é o título do proxecto de investigación que levaron a cabo os alumnos e alumnas de 1º e 2º cursos de ensino primario, coas súas titoras e a colaboración da biblioteca e do Equip de Dinamización da Lingua Galega. Este traballo mereceu un dos premis outorgados na resolución do Concurso de Traballos por Proxectos desenvolvidos durante o curso 2013/2014, na modalidade de proxecto de inveestigación de ciclo/departamento, de temática xenérica.
O alumnado traballou concretamente o xénero da biografía e para realizar a desta artista da súa localidade, tiveron que facer pescudas bibliográficas, achegarse ás súas pinturas e aos seus escritos, preparar e levar a cabo unha entrevista coa pintora, planificar e desenvolver todo o traballo de investigación e elaborar a biografía final, entre outras actividades.
Proxecto de investigación: Tralas pegadas do home (e da muller) na Historia
Tralas pegadas do home na Historia é un proxecto de investigación levado a cabo por alumnado e profesorado de ensino infantil do CEIP Porto Cabeiro, de Redondela, durante o curso 2013/2014 (de xaneiro a abril) e que mereceu un premio no Concurso de Traballos por Proxectos na modalidade de Proxectos de investigación de ciclo/departamento, de temática xenérica.
Foron moitas as actividades xeradas por este proxecto e moitos os coñecementos e habilidades adquiridas sobre os petroglifos, o tallado da pedra, as receitas prehistóricas, os animais prehistóricos, as pinturas das covas ou a maneira de vivir das persoas na prehistoria.
Proxecto de investigación: Viaxe polo Universo. CEIP A Rúa
O alumnado de 6º Curso de primaria do CEIP A Rúa, de Cangas do Morrazo, xunto coa súa profesora titora, as profesoras de inglés e de pedagoxía terapéutica e o orientador do centro, embarcáronse nunha viaxe de ida e volta que chamaron VIAXE POLO UNIVERSO e que lles levou todo o curso escolar 2013/2014. Nesta viaxe aprenderon a orientarse, traballaron con astrónomos e enxeñeiros, investigaron sobre a materia ou a forza de gravidade, entre outros moitos contidos. Visitaron o Observatorio Astronómico de Cotobade e o Museo Massó, de Bueu, entre outras moitas actividades.
Este traballo mereceu un premio no concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxectos de investigación de grupo/nivel, na modalidade de ciencias.
Proxecto de investigación: Comesán 2014. CPI San Vicente
O alumnado de 3º ciclo de Primaria do CPI San Vicente (A Baña), coa participación da biblioteca escolar, a súa profesora titora e outro profesorado do centro, ademáis do persoal do comedor escolar, embarcáronse no curso 2013/2014 nun proxecto de investigación e de aprendizaxe que chamaron COMESÁN 2014, para o que tamén contaron coa implicación das familias. Este traballo foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos na modalidade de Proxectos de investigación de grupo/nivel e temática científica.
Proxecto Documental Integrado: Mulleres con valor. IES Xoán Montes
MULLERES CON VALOR é o título do proxecto documental integrado presentado polo IES Xoán Montes, de Lugo, desde o Departamento de Lingua e Literatura Galega, en colaboración coa biblioteca escolar e no que participou alumnado de 1º de ESO. Trátase dun estudo sobre a presenza da muller no papel moeda dos diversos países europeos, coa elaboración de pequenas biografías a partir da investigación realizada sobre as mulleres representadas nos distintos billetes. Un traballo de gran interese que nos dá a coñecer a mulleres científicas, políticas, artistas..., traballadoras en campos moi variados, e entre elas, a escritora galega Rosalía de Castro. Este traballo acadou un galardón no Concurso de Traballos por Proxectos, na categoría de Proxectos de investigación de grupo/nivel, de temática xenérica.
- PROXECTO: MULLERES CON VALOR
- O PROXECTO NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.
- MATERIAIS
- BLOGUE DA BIBLIOTECA DO IES XOÁN MONTES
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas ESCOLARES
Vai andado medio mes de novembro e xa temos noticia dalgunhas bibliotecas escolares en relación coas súas actividades arredor das ciencias:
- CEIP de Cervo (Cervo): Sobre Newton: 1, 2, 3 -- Vídeo
- CEIP de Cespón (Boiro):Experimentos científicos (agochados na mascota) -- Os experimentos, por escrito
- CEIP Filomena Dato (Barbadás): Pequenas experiencias para pequenos científicos
- CEIP Frián-Teis (Vigo): A ciencia, a lingua que nos une (unha colaboración do alumnado de 3º-4º de ESO do IES Repúblico Oriental do Uruguai)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño: Ciencia na biblioteca
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Biblioteca científica
- CEIP Montemogos (Bueu): Semana da Ciencia - Lecturas recomendadas Mes da Ciencia
- CEIP A Pedra (Bueu): Ciencia en galego no Bibliocastelo - Experimentos
- CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova: A biblionova coa ciencia
- CEIP Quintela (Moaña): Ciencia en galego na biblioteca -- Os venres en Quintela... ciencia
- CEIP Saco e Arce (Toén): Ciencias e Mates
- CPI Cernadas de Castro (Lousame): Día da ciencia en galego -Novembro, mes da ciencia en galego!
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño): Novembro, mes da ciencia en galego --
- EEI Barrionovo (Arteixo): Facendo ciencia na Biblioteca -- Ciencia na rúa -- Ilusións acuáticas de Escher -- Biografías da Ciencia na rúa
- IES Felix Muriel (Rianxo): Selección de lecturas en galego con temática de ciencia (Plan de lectura)
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): Mércores con Ciencia 1- O cerebro adicto
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Mes da ciencia en galego (colab. entre Biblioteca e ENDL) -- Entrega de premios "ciencia en galego"
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Mes da ciencia en galego na biblioteca
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas): Recital de poesía e ciencia.
Ciencias na cociña, desde a EEI de Vide (As Neves), onde asistimos á elaboración de "castañas en almibre", nas voces dos pequenos e pequenas. Imprescindible!
Proxecto de investigación: En marzo pintamos con Miró. EEI de Vide
A Escola de Educación Infantil de Vide (As Neves) ten unha longa traxectoria no traballo por proxectos. Entro outros moitos, cada ano adican un tempo a coñecer un pintor ou unha pintora. Desta vez tocoulle a Miró e con este proxecto obtiveron un dos galardóns do Concurso de Traballos por Proxectos, a modalidade de proxectos de investigación de grupo/nivel, de temática xeral. E este foi o traballo realizado polo alumnado, un grupiño de 10 alumnos coa súa profesora e a impliciación de toda a comunidade educativa:
- PROXECTO: EN MARZOPINTAMOS CON MIRÓ
- ÁLBUM FOTOGRÁFICO: PINTAMOS CON MIRÓ
- QUE SABEMOS DE MIRÓ?
- MIRÓ. Boletín Informativo
- A BIOGRAFÍA DE MIRÓ. Ensaio para a conferencia
- CONFERENCIA: A BIOGRAFÍA DE MIRÓ
- RECURSOS: SYMBALOO MIRÓ NA UNITARIA DE VIDE
- EN MARZO CON MIRÓ. Entradas no blogue
- BLOGUE DO CENTRO
Proxecto Documental integrado: Medindo e contando. CEIP P. Alexandre Bóveda
"Medindo e contando" é o proxecto documental que desenvolveron no CEIP plurilingüe Alexandre Bóveda, de Redondela, durante o curso 2013/2014 e que foi recoñecido cun premio no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, na temática de ciencias.
As matemáticas na vida cotía, con actividades en todas as áreas de aprendizaxe e propostas orixinais, das que fan tomar "medidas" á realidade máis próxima.
Proxecto Documental Integrado: E agromará outro bosque. CPI Manuel Suárez Marquier
"E agromará outro bosque" é o título do proxecto documental que o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) desenvolveu ao longo do curso 2013/2014, e que mereceu un dos premios no Concurso de Traballo por Proxectos, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, de temática xenérica.
Tralos incendios do verán do 2013, o Equipo de Bbilioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e os responsables do centro do Programa Proxecta deseñaron un proxecto interdisciplinar no que participou practicamente a meirande parte do alumnado e profesorado do centro.
- PROXECTO "E AGROMARÁ OUTRO BOSQUE"
- PÁXINA WEB DO PROXECTO: obxectivos, planificación, recursos, materiais...
- VÍDEO: LOGO DO LUME, QUE NOS QUEDA?
- XORNAL DIXITAL "E AGROMARÁ OUTRO BOSQUE" - PRIMARIA
- ARBORES DE DIFERENTES MATERIAIS
- O BOSQUE DOS SENTIMENTOS
- APADRIÑAMENTO DE ÁRBORES
- BLOGUE DA BIBLIOTECA DO CENTRO: A Quinta dos libros
25 de novembro, un ano máis educando contra a violencia de xénero
O vídeo que ilustra esta entrada é un material de traballo elaborado en colaboración polo Equipo de Biblioteca, o Departamento de Orientación e outro profesorado do centro, no IES Lucus Augusti, de Lugo, co fin de traballalo nas titorías co alumnado. Podemos ver todo o material elaborado desta proposta, O maltrato nin en pintura, no blogue da biblioteca.
Outras iniciativas para tratar esta temática (tan urxente entre os adolescentes segundo nos amosan algúns estudos realizados, por exemplo, en Andalucía), procedentes de bibliotecas escolares de toda Galicia:
- CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Suxestións de actividades para o 25 de novembro
- CEIP Andrade (Pontedeume): Adaptación teatral "Unha feliz catástrofe"
- CEIP Frián-Teis (Vigo): O maltrato si é cousa de nenos
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): O 25 de novembro, nós tamén damos a cara -- Polas mulleres luz.. -- Makeing-of do Spot publicitario "Nós tamén damos a cara"
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova): Conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo): Día laranxa
- CPI da Cañiza (A Cañiza): selección de recursos contra a violencia de xénero.
- CPI de Panxón (Nigrán): Enredadas no medo
- EEI Barrionovo (Arteixo): A historia en feminino -- Guía de lectura-- A historia en feminino-2
- IES Blanco Amor (Ourense): Mural contra a violencia de xénero
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): Seguimos coa mesma canción
- IES Laxeiro (Lalín): Libro do Mal Amor -- +Actividades
- IES Lucus Augusti (Lugo): 25 de novembro (final da exposición)
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Selección de recursos e actividades, 25 de Novembro.
- IES Pédras Rubias (Salceda de Caselas): Recursos para analizar e traballar os malos tratos -- Recursos para o BO TRATO
- IES de Ribadeo: Selección de textos contra a violencia de xénero .
- IES San Paio (Tui): + Poesía = - Violencia de Xénero. Crestomatía poética. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- COMUNIDADE EDUCATIVA DE TORNEIROS (O PORRIÑO): IES Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios, CPI da Ribeira, ACEESCA, Centro de Maiores. Acto conxunto contra a violencia de xénero.
Proxecto Documental Integrado: As plantas. CEIP Espiñeira-Aldán.
No curso 2013/2014 o CEIP Espiñeira-Aldán (Cangas) desenvolveron un proxecto documental sobre as plantas do seu patio, e a partir deste estudio botánico abordaron outras aprendizaxes do seu medio máis próximo. Esta experiencia foi unha das premiadas no Concurso de Traballos por Proxectos, na súa primeira convocatoria, na modalidade de PDI, coordinados desde a biblioteca escolar, con temática científica.
- PROXECTO "AS PLANTAS"
- (En canto se resolvan algúns problemas técnicos, engadiranse + anexos a este proxecto: vídeos e outros).
- BLOGUE DA BIBLIOTECA
Proxecto Documental Integrado: Bergondo nun conto. CPI Cruz do Sar
O CPI Cruz do Sar, de Bergondo, acadou galardón con este proxecto "Bergondo nun conto", no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados de temática xenérica.
Trátase dun proxecto anual, deseñado e coordinado desde a biblioteca escolar e destinado a que profesorado e alumnado coñezan o seu concello e profundicen na súa xeografía, historia, patrimonio arquitectónico, industria, actividades agropecuarias, natureza, ou personaxes importantes que naceron ou viviron en Bergondo.
Proxecto Documental Integrado: Riada de libros. CEIP Agro do Muíño
Riada de libros é un proxecto documental que coordinou a biblioteca escolar do CEIP Agro do Muíño (Ames), e no que se integraron departamentos, ciclos, familias e co conxunto do profesorado e alumnado do centro. O proxecto partíu da necesidade de coñecer e conservar o Río Sar e abrangueron contidos diversos como os ríos, a súa flora e fauna, o ciclo natural da auga, o ciclo urbán da auga, a arquitectura dos ríos ou a contaminación, entre outros. Trabállaronse todas as competencias básicas, organizáronse exposicións, saídas, conferencias e un importante número de actividades, cun enfoque globalizador e unha importante presencia das TICs. Este proxecto foi premiado na modalidade de PDI, na temática de ciencias.
Proxecto documental integrado: A Alimentación. CEIP Mestres Goldar
A alimentación é un Proxecto Documental Integrado, coordinado desde a biblioteca escolar, no que participa a totalidade do alumnado do centro do CEIP Mestres Goldar, de Vigo, con implicación dun importante número de departamentos e equipos docentes, así como das familias.
Foi galardoado cun dos tres premios da Modalidade "proxectos DocumentaisInterados, coordinados desde a bibliote escolar, con temática "xenérica".