Bacharelato para persoas adultas
Matriculación en Bacharelato para persoas adultas Curso 2023-2024. Preguntas frecuentes
|
Destinatarios
Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
Matrícula
Abrirase un prazo extraordinario de matrícula entre o 2 e o 20 de setembro de 2024.
O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 17 ao 28 dese mesmo mes.
No bacharelato a distancia, a Dirección do centro poderá autorizar ata o 25 de abril de 2025 a matrícula fóra de prazo nos seguintes casos:
- Cando a alumna ou o alumno acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.
- En caso de enfermidade prolongada acreditada.
- Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.
Acceso
Para o acceso a estas ensinanzas requírese cumprir algunha destas condicións:
- Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Estar en posesión do título de técnica ou técnico de formación profesional, correspondente á formación profesional de grao medio.
- Estar en posesión do título de técnica superior ou técnico superior de formación profesional.
- Estar en posesión do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño.
- Estar en posesión do título de técnica superior ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
- Estar en posesión do título de técnica deportiva ou técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.
- Estar en posesión do título de técnica deportiva superior ou técnico deportivo superior.
- Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente (BUP) ou, como máximo, con dúas materias non superadas no conxunto dos dous cursos.
- Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
- Ter superado os estudos do primeiro ciclo do Programa Experimental de Reforma das Ensinanzas Medias (REM).
- Ter superado os cursos comúns dos estudos de artes aplicadas e oficios artísticos.
- Ter superados outros estudos declarados equivalentes aos citados anteriormente.
Organización
Estas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se poderán superar os 32 períodos lectivos semanais.
A modalidade semipresencial esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).
A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores realízase a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames terán que realizarse presencialmente neste centro en Santiago de Compostela ou nalgunha das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Permanencia
O tempo máximo de permanencia para cursar estas ensinanzas pola modalidade presencial é de seis anos académicos. Se unha persoa esgota ese tempo sen acadar o título, poderá seguir cursando as materias pendentes na modalidade a distancia.
Centros
Pode consultar a rede de centros nesta ligazón.
A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela).
A modalidade semipresencial pode cursarse nos centros EPA, específicos de educación de persoas adultas, de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, así como nas EPA de Teixeiro e EPA Nelson Mandela e os seguintes institutos de educación secundaria autorizados:
|
|
Certificación
Aos alumnos e alumnas que logren a avaliación positiva de todas as materias dun itinerario formativo expediráselles o título de bacharel na modalidade que se complete.
Cando non se rematen os estudos, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.
O título de bacharel dá acceso a:
- Ciclos formativos de grao superior.
- Universidade.
- Mundo laboral.
Probas libres para obtención do título de bacharel
Aquelas persoas que non poidan asistir normalmente á clase teñen a posibilidade de obter o título de bacharel a través de probas específicas para a obtención deste título.
Estas probas libres celébranse unha vez ao ano e convócanse publicamente a través do DOG.
Pode consultar maior información sobre estas probas na ligazón.