Actualidade

e  

02/02/2024

O próximo luns abre o prazo de inscrición nas probas libres para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para adultos.


Así o adiantou a directora xeral de FP durante unha visita ao Centro Público de Educación e Promoción de Adultos Eduardo Pondal da Coruña

   

 

s  

18/06/2023

A Xunta habilita aulas de capacitación dixital en 55 centros de educación de persoas adultas para formar a máis de 2.800 persoas.


Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais en servizos como a banca, o aceso ás administracións ou o consumo telemático.

As actividades dirixiranse aos maiores de 55 anos, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

   

 

e  

03/02/2023

As ensinanzas de adultos, que cursan 10.000 galegos, reforzaranse coa nova Lei de aprendizaxe ao longo da vida que impulsa a Xunta.


O departamento de Román Rodríguez está traballando nun conxunto de accións específicas para blindar unha aprendizaxe “permanente, integral, inclusiva e de calidade” para o conxunto da poboación.

A nova normativa en trámite reforzará o acceso flexible ás distintas modalidades de ensino para adultos e na garantía de igualdade de oportunidades a nivel social e territorial.

   

 

 

22/01/2023

Case 800 internos melloran a súa formación nos Centros de Educación e Promoción de Adultos das prisións de Galicia co apoio de 53 docentes. 


Román Rodríguez gaba a entrega e profesionalidade deste profesorado e salienta a educación como “a ferramenta máis valiosa para abrir portas e superar barreiras”.

Nos centros penitenciarios galegos ofértanse Ensinanzas Básicas Iniciais, Educación Secundaria e Bacharelato para persoas adultas, así como cursos de idiomas e, no caso de Bonxe, FP.

   

 

p  

07/12/2022

Galicia reforzará a educación de adultos cunha nova lei para impulsar o acceso desde o rural e a conciliación coa vida laboral e familiar.


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello deu luz verde ao proxecto de acordo polo que se autoriza o inicio da tramitación do anteproxecto de lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta, coa cal se busca fomentar estas ensinanzas, incrementar a súa calidade e estimular unha sociedade e un envellecemento activo. “O obxectivo é actualizar e adaptar a normativa existente, que ten xa 30 anos, ás necesidades da sociedade actual”, indicou o titular do Goberno galego.