Nivel 2 das ensinanzas básicas iniciais
Destinatarios
Persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.
Organización
Estas ensinanzas impártense en grupos reducidos cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos adaptados ás necesidades e á realidade das persoas adultas
As ensinanzas do nivel II cursaranse a razón de 16 períodos lectivos semanais.
O currículo do nivel II estrutúrase en catro ámbitos de coñecemento (ámbito da comunicación, ámbito da competencia matemática, ámbito da ciencia, sociedade, tecnoloxía e ámbito de desenvolvemento e iniciativa persoal e laboral).
Matrícula
O período de matrícula está aberto durante todo o curso.
Centros
Estas ensinanzas poderán seguirse en todos os centros EPA, específicos de educación de persoas adultas e nos seguintes institutos de educación secundaria autorizados:
A Coruña
Lugo
|
Pontevedra
|