Nivel 1 das ensinanzas básicas iniciais

Destinatarios

Todas as persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lecto-escritura, razonamento matemático e cálculo.

Organización

Estas ensinanzas impártense en grupos reducidos cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos adaptados ás necesidades e á realidade das persoas adultas

As ensinanzas do nivel I cursaranse a razón de 12 períodos lectivos semanais.

O currículo do nivel I estrutúrase en tres ámbitos de coñecemento (ámbito de comunicación, ámbito da competencia matemática e ámbito da ciencia, sociedade e tecnoloxía).

Matrícula

O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Centros

Estas ensinanzas poderán seguirse en todos os centros EPA, específicos de educación de persoas adultas e nos seguintes institutos de educación secundaria autorizados:

A Coruña

  • IES Isidro Parga Pondal (Carballo)
  • IES Fernando Blanco (Cee)
  • IES de Melide
  • IES Campo de San Alberto (Noia)
  • IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela)

Lugo

  • IES Lama das Quendas (Chantada)

Pontevedra

  • IES de Rodeira (Cangas),
  • IES A Paralaia (Moaña)
  • IES Ribeira do Louro (Porriño)
  • IES Pintor Colmeiro (Silleda)
  • IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa)

 

 Máis información