Simposio Internacional sobre Problemas da Linguaxe Oral e Escrita

Novas perspectivas teóricas e aplicadas
Data: 
Desde venres, 26 de abril de 2013 ata sábado, 27 de abril de 2013
Lugar: 
Madrid (Facultade de Psicoloxía da UNED)

O Simposio Internacional sobre Problemas da Linguaxe Oral e Escrita é unha actividade impulsada desde o Máster en Intervención Psicolóxica no Desenvolvemento e a Educación, do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UNED. Está dirixido non só ao estudantado do máster, senón a calquera outra persoa interesada por estes temas.

A adquisición da linguaxe oral e escrita constitúe un dos principais logros do desenvolvemento, con importantes repercusións nos ámbitos cognitivo, social e emocional ao longo da vida. Para este simposio seleccionáronse temas innovadores e relevantes para comprender cando estes procesos cursan con problemas e como intervir sobre eles. Investigadores e profesionais de recoñecido prestixio intervirán con relatorios e talleres de presentación de casos clínicos. Os relatores e os contidos que se abordarán neste simposio pódense consultar no PROGRAMA.

Máis información na WEB