
O Simposio Internacional sobre Problemas da Linguaxe Oral e Escrita é unha actividade impulsada desde o Máster en Intervención Psicolóxica no Desenvolvemento e a Educación, do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UNED. Está dirixido non só ao estudantado do máster, senón a calquera outra persoa interesada por estes temas.
A adquisición da linguaxe oral e escrita constitúe un dos principais logros do desenvolvemento, con importantes repercusións nos ámbitos cognitivo, social e emocional ao longo da vida. Para este simposio seleccionáronse temas innovadores e relevantes para comprender cando estes procesos cursan con problemas e como intervir sobre eles. Investigadores e profesionais de recoñecido prestixio intervirán con relatorios e talleres de presentación de casos clínicos. Os relatores e os contidos que se abordarán neste simposio pódense consultar no PROGRAMA [1].
Máis información na WEB [2]