Accesibilidade
Conformidade a estándares e accesibilidade desta web.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais do seu portal web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
O contido está en formato XHTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web.
Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade AA das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.
Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns.
Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer 9, Safari, etc.
A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.
En coherencia con este obxectivo, o deseño da web da Revista Eduga da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o segundo nivel de prioridade das directrices WAI - AA (Web Accessibility Initiative) do W3C.
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 09/08/2012.