Skip to Content

Solicitude

de admisión, curso académico 2023/24

DestinatariosProceso de admisión

  • Alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos nosos centros adscritos
    • Na ESO
      • CEIP A Xunqueira Nº 2
      • CEIP Manuel Vidal Portela
    • No bacharelato
      • CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús
  • Para coñeceres a oferta educativa do noso centro, preme aquí
  • Para coñeceres as paradas das liñas de transporte do noso centro, preme aquí

Prazo

  • O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive

Solicitude

  • Será única e presentarase por medios telemáticos ou ben na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar
  • Preme no logo do proceso de admisión para accederes á aplicación informática de admisión
  • Preme no logo da sede electrónica para accederes á solicitude. (código de procedemento ED550B)
  • Para accederes ao modelo, preme aquí. (código de procedemento ED550B)

Postos escolares vacantes

  • Para acceder aos postos escolares vacantes, preme aquí
  • Cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta, no prazo do 21 de marzo ao 3 de abril, as familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na solicitude de conformidade cos artigos 30 e 33 da ORDE do 21 de outubro de 2022.  A presentación desta documentación ten carácter voluntario.  De non poder aportarse en tempo e forma entenderase que renuncia á valoración correspondente
    • Áreas de influencia
      • Na ESO --> as pertencentes aos CEIP A Xunqueira nº 2 e o CEIP Manuel Vidal Portela
      • No bacharelato --> as pertencentes ao CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús
    • Áreas limítrofes
      • Na ESO --> as pertencentes aos CEIP A Xunqueira nº 1, o CEIP Álvarez Limeses, o CEIP de Parada-Campañó, o CEIP de Vilaverde-Mourente, o CEIP Plurilingüe Froebel, o CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, o CEIP Praza de Barcelos, o CEP Marcos da Portela e a EEI Fina Casalderrey
      • No bacharealto --> as pertencentes aos CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres, o CPR Plurilingüe Nuestra Sra. de los Dolores (as Doroteas), CPR Plurilingüe Calasancio e o CPR San José
  • Para consultares o resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión do vindeiro curso, preme aquí
  • Para consultares o acordo do Consello escolar conforme ao "criterio complementario" que fai alusión o artigo 28 da citada orde, preme aquí

Listaxe provisional

  • O 25 de abril, será publicada no taboleiro de novas a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso
    • Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente. Para accederes ás listaxes, co uso da chave365, preme aquí

Listaxe definitiva

  • O 15 de maio, será publicada no taboleiro de novas a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso
    • Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente. Para accederes ás listaxes, co uso da chave365, preme aquí

Para coñeceres a normativa sobre o proceso de admisión, preme aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut