Skip to Content

Dependencias

As dependencias do noso centro

Para accederes ao folleto de oferta educativa e instalacións, preme aquí

Para accederes ao plano do centro, preme aquí

Para coñecer as nosas dependencias, preme nas ligazóns correspondentes.  A autoría das fotografías corresponde á nosa compañeira Olga (Relixión), ao noso excompañeiro Enrique (Matemáticas) e a Beni Feijoo

As nosas dependencias
  Dependencias
Andar baixo

Entrada ao centro  //  aparcadoiro  // hall principal  //conserxería  //  oficinas

vicedirección  //  titorías  //  secretaría  //  dirección  // sala de profesorado

xefatura de estudos  //  convivencia inclusiva  //  biblioteca  //  4 aulas de 1º da ESO

debuxo técnico  //  arquivo  //  hall de taquillas  //  salón de actos  //  cafetería

descanso PAS  //  10 departamentos  //  aseos  //   informática 0  //  obradoiro de tecnoloxía

almacén  //  ANPA  //  pistas exteriores  //  pistas interiores  //  sala técnica de calefacción

Polos creativos  //  Música  //  orientación  //  debuxo artístico  // aula aberta

1º andar

Aseos //  Laboratorio de química  //  pedagoxía terapéutica  //  4 aulas de 2º da ESO

4 aulas de 1º de bacharelato  //  idiomas  // informática 1  //  2 almacéns intermedios

2 aulas de desdobramento (TIC)  //  Arte e clásicas  //  laboratorio de física  

2º andar

Aseos //  Laboratorio de bioloxía e xeoloxía  //  4º PDC  //  4 aulas de 4º da ESO

4 aulas de 2º de bacharelato  //  4 aulas de 3º da ESO  //  3º PDC //  aula de desdobramento (TIC)

Novas mamparas na cafetería do centro.

Xa dende hai varios anos rondáballe ao secretario do centro, Juan Carlos Pérez Mestre, a idea de que os biombos de separación da cafetería do centro co resto do hall principal tiñan que evolucionar até unha nova opción na liña de gañar máis luz, presenza e elegancia ao mesmo tempo que maior privacidade para a propia cafetería.
No mes de novembro de 2012 propuxo a  Beatriz Esperón, a cabeza visible para tódolos socios da Fundación Rías do Sur da Piscina Olímpica do complexo deportivo de Pontemuiños a posibilidade de que doaran ao centro as mamparas de cristal que con anterioridade se retiraran da piscina pequena do complexo e que como son pezas feitas a medida é moi difícil o seu aproveitamento posterior.  No mes de marzo de 2013 tivo a resposta afirmativa polo que agora había que ver a maneira de trasladar e instalar o material ao centro.

A verdade é que foi un pouco arriscado xa que aínda non o tiña proposto ao centro, e non sabía se o adecuado era propolo nun primeiro momento e correr o risco de que non houbera doazón algunha, ou como fixo, contar coa doazón e que despois non se puidera realizar por non crer que fora adecuada a actuación ou falla de recursos.  
O custo da instalación era elevado, o orzamento inicial que tiña fixado foi crecendo e crecendo pois as lúas de cristal pesaban máis de 200kg e facía falta moito persoal para a súa deslocalización.  Ademais o custo dos vinilos decorativos con elementos institucionais pasaban por riba  do prezo esperado.  Obviamente tiña que contar co custo de retirar os biombos existentes e instalar as novas mamparas … Sen embargo, pouco a pouco e falando cuns e con outros foi conseguindo as colaboracións necesarias para obter o obxectivo e puidéronse instalar para o comezo do curso académico 2013-2014.
E un exemplo de aproveitamento sustentábel no que partindo dun material retirado e sen posible uso a priori, conseguimos dotar ao centro, a través dunha colaboración público-privada, da nova imaxe e identidade que nada máis chegar ao mesmo consegues ter.
Con este artigo queremos, dende o IES A Xunqueira II de Pontevedra, dar as grazas ao Concello de Pontevedra, aos membros do servizo de Protección Civil de Pontevedra, á Consellería de Cultura, Educación e O.U., a Fundación Rías do Sur e, en especial, a Bea, grazas mil.

Dª. Mª Cristina López Gago, Directora do  IES A Xunqueira II.

Distribuir contido


by Dr. Radut