Skip to Content

ANPA Helenes

ASAMBLEA DE SOCIOS ORDINARIA

Aquí tendes a orde do día da asamblea de socios do venres 28

Curso inglés preparatorio dos exames Cambridge curso 23/24

Este vindeiro mércores 20 comeza o prazo de inscrición para os cursos de preparación dos exames Cambridge A2/B1 e B2, e tamén do obradoiro de conversacíon.

 

Podedes acceder a folla informativa e ao formulario de inscrición premendo no enlace do final

 

O curso comezará o mércores 4 de outubro. o prazo de inscrición rematará o 30 de setembro.

BANCO DE LIBROS CURSO 2023/2024

Dende o Anpa Helenes informamosvos de que este ano os libros que vamos a deixar en préstamo son os seguintes:

1º, 2º, 3º y 4º da Eso: Xeografía e Historia

1º de Bacharelato: Filosofía, editorial Vicens Vives

2º de Bacharelato: Historia da Filosofia, editorial Vicens Vives

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

Dende a ANPA queremos informarlles que para facilitar a recollida de libros, imos proceder a súa recollida con anterioridade á entrega dos informes de avaliación.

Deste xeito, na entrada do salón de actos, faremos a recollida conforme ó seguinte horario:

- 20 de xuño: 1º, 2º e 3º da ESO

- 21 de xuño: 4º da ESO e 1º de Bacharelato

- 26 de xuño: 2º de Bacharelato e incidencias da ESO e 1º de Bacharelato

Avisaremos ó alumnado do horario de entrega a través do persoal subalterno.

Si por calquera circunstancia non podedes acudir nestes horarios podedes deixalos en conserxería co voso nome completo e curso.

Asimesmo lembrade que podedes colaborar co Banco de Libros doando aqueles que non vaiades a utilizar máis.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Axudas para adquirir material escolar

ADXUNTAMOS ANEXOS I E II PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISION DE MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023/24

ESTATUTOS ANPA HELENES

ESTATUTOS ANPA HELENES

 

Descargar Estatutos en formato PDF

CURSOS DE INGLÉS (Actividades extraescolares)

Curso 2022/2023.- A ANPA HELENES organiza con sede no propio Centro, actividades extraescolares de idioma inglés.

Horarios: Mércores e Venres, de 16:30 a 19:30 horas.

Actividades que se ofertan:

OBRADOIRO DE CONVERSACIÓN EN INGLÉS

INGLÉS CAMBRIDGE A2- B1 (PET)–EXAMENES OFICIALES

FIRST CERTIFICATE B2 – EXAMENES OFICIALES

Fecha límite inscrición: 30 de setembro de 2022

Circular informativa.- preme aquí

Ficha de inscrición.- preme aquí

 

DESCONTOS EN LIBRERÍAS E COMERCIOS.

A Anpa Helenes esta a traballar, en conseguir descontos e ofertas en comercios de Pontevedra, para obter condicions ventaxosas para todos os socios/as dista Anpa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut