Eventos
Saída didáctica co grupo 3º PDC á exposición organizada por CaixaForum: "Leonardo da Vinci. Observa, cuestiona y experimenta" reservada para o luns, 18 de novembro as 12:00 horas.
Profesora que organiza e acompaña: Esmeralda Gómez Calviño
O alumnado de 1.º, 2.º e 3.º da ESO inscrito no programa Xogade participará nun Cross pola Illa das Esculturas.
O alumnado de 4.º ESO de Proxecto Competencial pasará un anaco da mañá en compañía dos usuarios maiores da Cruz Vermella. Estarán na aula de Música, onde xuntarán as súas voces nesta xornada de convivencia.
O alumnado da ESO levará a cabo varias accións para conmemorar este día e lembrarnos que aínda queda moito por facer.
1.º, 2.º e 4.º de ESO mostrarán as chapas cos lemas elaboradas durante as titorías deste mes de novembro.
Colocarase unha mesa no vestíbulo con pegatinas que recollan os lemas creados en cada aula e que serán repartidas entre o alumnado.
3.º ESO será o curso encargado de crear unha "performance" que non deixará indiferente a ninguén e que prepararán tamén ao longo do mes de novembro.
As actividades terán lugar durante os recreos e estarán acompañadas de música (temas feministas, que poñen no centro o empoderamente da muller) e lerase tamén un manifesto.

O Club de Debate terá unha xornada de formación a cargo da Fundación Barrié para particpar no seu concurso de debates.
Terá lugar na Biblioteca.
O alumnado de 3.º ESO B e D terá a oportunidade de comprobar que existen outras formas de ser home, máis acordes cunha sociedade igualitaria que pretende erradicar o machismo.
A formación será ofrecida por Xosé Cabido, un formador con ampla experiencia neste campo.
Lugar: BIBLIOTECA.