25/11/2024 10:10
O alumnado da ESO levará a cabo varias accións para conmemorar este día e lembrarnos que aínda queda moito por facer.
1.º, 2.º e 4.º de ESO mostrarán as chapas cos lemas elaboradas durante as titorías deste mes de novembro.
Colocarase unha mesa no vestíbulo con pegatinas que recollan os lemas creados en cada aula e que serán repartidas entre o alumnado.
3.º ESO será o curso encargado de crear unha "performance" que non deixará indiferente a ninguén e que prepararán tamén ao longo do mes de novembro.
As actividades terán lugar durante os recreos e estarán acompañadas de música (temas feministas, que poñen no centro o empoderamente da muller) e lerase tamén un manifesto.