Skip to Content

Semana Cultural: Deporte

Un grupo de alumnas e alumnos participaron o pasado 12 de abril no campionato provincial de cros celebrado no circuíto "Virxe do Loreto" no concello de Pto. do Son.

Os resultados acadados non poideron ser mellores (ver arquivo adxunto): Primer posto por equipos na categoría de cadete feminino. Medalla de ouro para José Manuel Arufe (cadete masculino). Candela Lago medalla de prata na categoría de cadete feminino. Tercer posto por equipos na categoría de infantil feminino.Pero por riba dos resultados hai que dicir que foi un fermoso día de deporte e unión con todas as rapazas e rapaces dos centros participantes da provincia. Temos que dar tamén a noraboa a toda a organización polo seu traballo e bo trato recibido.

 

Semana Cultural: Teatro

O mércores 10 de abril foi día de teatro no centro. O departamento de Lengua Castellana programou dúas representacións teatrais para o alumnado de ESO e 1º Bach.

As obras representadas foron TEMPESTADES para o alumnado de 4º e 1º Bach e ABADÓN para 1º,2º e 3º de ESO. Ámbalas dúas foron representadas polo actor de recoñecido prestixio internacional RICARDO FRAZER que leva xa 3.500 representacións na súa traxectoria. A súa gran capacidade creativa permitelle interpretar personaxes de tódolos xéneros contaxiando o seu amor polo teatro.

O alumnado e profesorado quedou gratamente satisfeito polos espectáculos e con ganas de máis. As representacións desenvolvéronse no Coliseo Noela, agradecemos o labor do personal técnico do teatro e a colaboración do Concello de Noia.

 

 

Premio Mulleres VdM

 

Dentro da programación, do Equipo de Igualdade, para conmemorar o 8M quedou instaurado o Premio Mulleres VdM co fin de darlle visibilidade ao traballo da muller na sociedade, recoñecendo a aquelas que tiveran vinculación co centro.
Nesta primeira edición o galardón foi para Rosita Paz, quen exerceu de conserxe do centro durante 45 anos. A conserxería do centro levará a partires deste día o seu nome.
Ademais o alumnado de proxecto competencial de 1º ESO, entrevistou á premiada na emisora no centro "Radio Tapal" (se queredes escoitar a entrevista facer clic)
nova da entrega na prensa.1

nova da entrega na prensa.2

21 de marzo: Día da Poesía

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Na Biblioteca fixemos unha selección de títulos de poesía moi variados: poesía galega, poesía castelá, poesía estranxeira traducida, poesía para nenos e nenas, poesía para adultos, poesía clásica, poesía actual...

Pasa pola Biblioteca e bota un ollo, porque "a poesía non morde" e "ninguén morreu de ler poesía"!!

Formámonos en Ciberigualdade

O pasado venres 15 de marzo, catro alumnos de 4º ESO impartíronlle ao alumnado de 1º ESO unha charla formativa sobre os riscos que pode ocasionar un uso inapropiado das novas tecnoloxías.

Juan, Lover, Marcos e Manuel prepararon unha sesión sobre algúns dos problemas máis frecuentes asociado aos móbiles: a sextorsión ou chantaxe coa ameaza de divulgar fotos ou vídeos de contido sexual. A través dunha presentación, de material audiovisual e de exemplos coñecidos e publicados na prensa, explicaron en que consiste, cales poden ser as consecuencias, como se podería evitar e remataron dando unha serie de consellos para facer un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías.

O alumnado de 1º ESO mostrouse moi interesado e moi participativo, comentando outros casos coñecidos e facendo preguntas ben acaídas.

Aula nas ondas: entrevista a Clara Rodríguez (2º BAC)

O pasado martes 13 de marzo o noso centro participou nunha nova edición do programa "Aula nas ondas" de Radio Líder Noia.

Os alumnos Pepa Nieto e Rubén García, de 1º ESO, entrevistaron a Clara Rodríguez, de 2º de BAC. Puidemos saber algo máis da súa práctica deportiva, o taekwondo, dos seus premios e recoñecementos e de como compaxina o deporte co estudo.

Picade na imaxe e poderedes escoitar a entrevista.

Distribuir contido


by Dr. Radut