Skip to Content

Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral

 ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - IES VIRXE DO MAR

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024,da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG do 18/09/2024), realizarase nese centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. 

O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral terá lugar o venres 18 de outubro, ás 12:25 horas, na aula Álvaro de las Casas do noso centro.  

Para máis información ver o arquivo adxunto ou facer clic

Noraboa ao equipo de mediación

Durante 8 sesións de formación un grupo de compañeiras e compañeiros aprenderon unha chea de técnicas para tentar de resolver aqueles pequenos  conflitos que sucedan na vida do noso centro.
Foron oito luns de intenso traballo nos que, ademais de aprender, poideron coñecerse máis e formar un gran equipo. As sesións estiveron dirixidas pola psicóloga Susana Otero Iglesias.
Noraboa a todo o alumnado que forma parte do equipo de mediación polo seu traballo, discreción e a súa solidariedade cos demais. Para o instituto é un motivo de orgullo o seu compromiso.
Velaí os tedes co diploma que acredita a súa formación.

Únete ao novo Erasmus+ do IES Virxe do Mar

Queremos compartir con todo o estudantado que a UE nos comunicou en setembro a aprobación definitiva do proxecto “Cambio climático dende os ríos e humedais do SW Europeo”(eCO2Rivers) e animar aos estudantes interesados a cubrir este formulario para convocalos a unha reunión nun recreo para presentarlles as 4 excursións gratuitas (financiadas con fondos da Unión Europea) compartidas con estudantes de Portugal e Madrid.
A noticia na prensa
Para coñecer os intereses de cada persoa interesada de cara a facer a selección, marcarase no formulario as saídas que lle interesen a cada un.

Participa no novo Erasmus+ e nas viaxes a Coimbra, Lisboa, Aveiro, Madrid e Galicia.
Cubre este formulario:

https://forms.gle/nVL4Cd6rLj9FuMuU8

10 de outubro, Día da Saúde Mental

O Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra cada 10 de outubro, é unha oportunidade para concienciar sobre a importancia de coidar o benestar emocional e psicolóxico. Este ano, o tema céntrase na necesidade de promover a saúde mental de forma equitativa, garantindo que todas as persoas teñan acceso aos recursos necesarios para vivir con benestar.

Visita á romaría de Sta. Minia

O alumnado de relixión do instituto visitou a capela de San Fins de Brión onde descubriron a historia da martir Minia venerada neste lugar.
Todos os anos acoden miles de romeiros e romeiras a Brión o día de santa Minia porque se cre unha santa moi avogosa. Cóidase que poñendo unha candea coa forma da parte do corpo enferma e ofrecéndose á santa cunha misa e algún sacrificio obrarase o milagre e o doente sandará.

Santa Minia milagrieira
veu de Cadis a Padrón
e agora vamos vela
a San Felís de Brión.

Novo premio para o IES Virxe do Mar

O podcast "Seleccionando berberecho" do alumno Antón Carou, de 2º da ESO, acaba de ser premiado no 7º Certame de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués.

 O concurso, organizado pola asociación Ponte... nas Ondas!, pretende contribuír á transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. O alumnado participante debía recuperar unha fotografía familiar anterior a 1970 e elaborar un podcast sobre ela.

 Antón recuperou, para a materia de Proxecto Competencial, unha foto dos seus bisavós e da súa tataravoa traballando no berberecho no peirao do Marqués de Noia.

 Este é o podcast que gravou.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut