Skip to Content

Aplicación Orientaline

Dende o centro queremos presentarvos a ferramenta de orientación académica e profesional coa que contamos este curso chamada "Orientaline"

Esta aplicación facilita información sobre a ESO, as modalidades de bacharelato, a oferta dos ciclos de FP e graos universitarios.

Ademais diso, tendes á vosa disposición cuestionarios de autocoñecemento que podedes cubrir en liña para fundamentar mellor a vosa toma de decisións vocacionais. Son anónimos, gratuítos e de fácil uso.

Se pinchades na ligazón Orientaline da barra lateral, poderedes acceder a aplicación dende os vosos móbiles, tabletas ou ordenadores.

Se tendes dúbidas ou precisades máis información podedes achegarvos a falar coa orientadora. Agardamos que vos sexa de utilidade!

Exames pendentes: Matemáticas e Física-Química

AVISO

IMPORTANTE

 

As datas dos exames para o alumnado que teña pendentes as materias de FÍSICA-QUÍMICA ou  MATEMÁTICAS son as seguintes

FÍSICA-QUÍMICA: 14-11-24 e 30-1-25

MATEMÁTICAS: 21-11-24 e 6-2-25

arquivo para descargar 

     

Novidades na Biblio

Xa están dispoñibles na nosa biblioteca os últimos títulos en galego e castelán!

Temos unha ampla variedade de opcións para todos os gustos: desde cómics cheos de aventura e humor, ata novelas que te atraparán coas súas historias. Non faltan tampouco os libros de poesía, perfectos para quen goza das palabras coidadas e emocionantes.

Non deixes de pasarte pola biblioteca e descubre estas novas incorporacións.

Ler é un pracer que está ao teu alcance!

Que che parece?

Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral

 ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - IES VIRXE DO MAR

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024,da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG do 18/09/2024), realizarase nese centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. 

O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral terá lugar o venres 18 de outubro, ás 12:25 horas, na aula Álvaro de las Casas do noso centro.  

Para máis información ver o arquivo adxunto ou facer clic

Noraboa ao equipo de mediación

Durante 8 sesións de formación un grupo de compañeiras e compañeiros aprenderon unha chea de técnicas para tentar de resolver aqueles pequenos  conflitos que sucedan na vida do noso centro.
Foron oito luns de intenso traballo nos que, ademais de aprender, poideron coñecerse máis e formar un gran equipo. As sesións estiveron dirixidas pola psicóloga Susana Otero Iglesias.
Noraboa a todo o alumnado que forma parte do equipo de mediación polo seu traballo, discreción e a súa solidariedade cos demais. Para o instituto é un motivo de orgullo o seu compromiso.
Velaí os tedes co diploma que acredita a súa formación.

Únete ao novo Erasmus+ do IES Virxe do Mar

Queremos compartir con todo o estudantado que a UE nos comunicou en setembro a aprobación definitiva do proxecto “Cambio climático dende os ríos e humedais do SW Europeo”(eCO2Rivers) e animar aos estudantes interesados a cubrir este formulario para convocalos a unha reunión nun recreo para presentarlles as 4 excursións gratuitas (financiadas con fondos da Unión Europea) compartidas con estudantes de Portugal e Madrid.
A noticia na prensa
Para coñecer os intereses de cada persoa interesada de cara a facer a selección, marcarase no formulario as saídas que lle interesen a cada un.

Participa no novo Erasmus+ e nas viaxes a Coimbra, Lisboa, Aveiro, Madrid e Galicia.
Cubre este formulario:

https://forms.gle/nVL4Cd6rLj9FuMuU8

Distribuir contido


by Dr. Radut