O alumnado da ESO,1º BACH e CICLO asistiu á Mostra de Curtas de Noia dentro da sección: "Curta Cativa". Na sesión o alumnado tivo ocasión de visionar diversas curtas con temáticas de concienciación social e situacións polas que poden pasar nas súas idades. Ademáis o alumnado do ciclo Ciclo de vídeo, Dj e son, participou na estrea do episodio número 3 do Videopodcast “vivir con un extraterrestre” e logo na mesa redonda con Ana de Alba directora do Podcast e Juantxu Álvarez (productor) Grazas á organización por convidarnos e aproveitamos para recoñecerlle ó seu labor a prol da difusión da cultura visual nos centros de ensino da vila de Noia e comarca
O IES Virxe do Mar está participando no proxecto 4 climas. A próxima proposta do mesmo é unha viaxe (10 ao 15 febreiro) ao Parque Nacional de Doñana con visitas á cidade de Córdoba, vila de Chillón, minas de Almadén e oo Parque das Táboas de Daimiel. Nesta mobilidade participarán institutos de Córdoba, Elxe e Outes. Para participar desta actividade o proxecto CLM4S convoca un certame de curtametraxes. Se eres alumn@ de 3ºESO, 4ºESO ou BACH, defendes a loita contra o cambio climático e queres participar...lee as bases adxuntas, graba un pequeno vídeo e...ADIANTE!!.
Para celebrar o Día das Bibliotecas (24 de outubro), a Biblioteca María Mariño do noso IES Virxe do Mar convoca o concurso "Busca tesouros e atopa libros". Celebrarase entreo 24 de outubro e o 17 de novembro.
Catro buscas do tesouro distintas para descubrires datos interesantes sobre personaxes, escritores e escritoras, libros...
Preme na imaxe do calendario da dereita para saber as datas e horarios dos exames de asignaturas pendentes correspondentes as materias de: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA- CIENCIAS AMBIENT.-FÍSICA-QUÍMICA- MATEMÁTICAS