O IES naceu en 1968 como sección delegada do Instituto Masculino de Lugo, sendo centro autónomo en 1974. Recibe o seu alumnado dos colexios adscritos "Lois Tobio", "Covas" e "Landro", aínda que dende a sua fundación son moitos os que acuden de Xove, Ourol, Vicedo e O Barqueiro, para realizar os seus estudos de Bacharelato.
A plantilla de profesores xira en torno aos 45 docentes coa caracteristica positiva da súa vinculación ao Centro o que deu como resultado ser un dos institutos máis valorados de Galicia, en canto os seus resultados academicos nas Probas de Acceso a Universidade.
O alumnado nos derradeiros cursos situouse arredor aos 350 matriculados nas ensinanzas de ESO e Bacharelato.
O edificio principal foi ampliado no curso 1991-92, e no ano 1998 incorporouse o antigo colexio "Pastor Díaz".
No ano 1994 constrúese o pavillón polideportivo, bautizado co nome do alumno e gran deportista "Antonio Tarrío". No 2006 créase unha nova pista deportiva cuberta, dando todo isto como resultado o aspecto definitivo das instalacións.