Skip to Content

Supresión do proxecto E-Dixgal

O IES Vilar Ponte de Viveiro vén de cancelar a súa participación no proxecto E-Dixgal, que non terá continuidade en ningún curso do ano académico 2024-25. O alumnado de 1º e 2º da ESO terá que devolver os equipos E-Dixgal (ordenador, funda e cargador) o día 21 de xuño. Os equipos deberán entregarse limpos e en boas condicións.

Pola contra, o alumnado que se matricule en 1º e 2º para o 2024-25 pode participar tanto no Fondo Solidario como solicitar as axudas para libros de texto. O prazo para solicitar estas axudas remata o 21 de xuño de 2024.



page | by Dr. Radut