Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 21/5/2024 ata o 21/6/2024, ambos incluídos.
Forma de presentación de solicitudes:
Electrónica: utilice a aplicación Fondo libros e presente a solicitude na Sede Electrónica.
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter:
A) conta de Chave365.
B) Ou ben, ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.
Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación, fondo libros, e imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo, pode descargalos nos ficheiros adxuntos.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I e II.pdf | 3.49 MB |