Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

ENTROIDO 2018

09/02/2018 11:45
09/02/2018 14:15

Celebración do Entroido con Karaoke, playback, música en vivo, concurso de disfraces e baile no que poderá participar toda a comunidade educativa. Para ver imaxes deste evento preme aquí.

 

DATA - PROBA ACCESO CICLOS GRADO MEDIO 2018

31/05/2018 09:00
31/05/2018 18:00

Presentación: Ás 9:00 horas.

Parte matemática e parte sociolingüística da proba: Das  10:00  ás  13:00  horas  (matemáticas,  lingua  galega,  lingua  castelá  e  ciencias  sociais).

Parte científico-técnica da proba: Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2018 (GRAO SUPERIOR E GRAO MEDIO)

Calendario das probas de acceso a ciclos:

- Grao superior:

Inscripcións dende o 8 ata o 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Data da proba: 19 de abril de 2018.

Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao superior preme aquí.

- Grao medio:

Inscripcións dende o 12 ata o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Data da proba: 31 de maio de 2018.

Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao medio preme aquí.

 

 

COMEZO DO PROA

05/02/2018 17:00

Inicio do PROA e outras actuacións dos Contratos-Programa

VISITA A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)

06/02/2018 08:45
06/02/2018 14:15

O alumnado de 2º de BAC do IES Val do Asma realizará dentro do Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" unha visita guiada pola facultade elixida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Lugar: Santiago

Grupos: 2º BAC

Organiza: Departamento de Orientación.

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CON 6º DE PRIMARIA

05/02/2018 12:20
05/02/2018 13:25

O alumnado de 6º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 6º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla e 4º da ESO do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de Bioloxía.

CHARLA SOBRE EVENTOS EN HOSTALERÍA

30/01/2018 19:00
30/01/2018 20:00

O alumnado asistirá a unha charla impartida por Irene Mato, Xefa de Recepción e responsable de Calidade do Mogay Hotel Eventos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: C.S. Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo

DÍA DA PAZ - CONCERTO ESCOLA MÚSICA CHANTADA

29/01/2018 15:55
29/01/2018 16:45

O alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto de piano ofrecido polos alumnos da Escola de Música de Chantada en conmemoración do Día da Paz.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: Todo o alumnado.

Organiza: Departamento de Dinamización Lingüística.

 

OBTENCIÓN TÍTULO BACHAREL 2018

Publicación da Resolución do 9 de xaneiro de 2018, pola que se convoca a proba para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.

Lugar de matrícula: nos centros relacionados na convocatoria.

Para acceder á documentación preme aquí.

OBTENCIÓN TÍTULO ESO 2018

Publicación da Resolución do 9 de xaneiro de 2018, pola que se convocan as probas para a obtención do Título de Graduado en  ESO para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Os prazos de matrícula son:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos

Lugar de matrícula: nos centros relacionados na convocatoria.

Para acceder á documentación preme aquí.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut