Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

01/03/18 CARTEL DO DÍA DA MULLER

01/03/18 ALUMNADO DO IES VAL DO ASMA CREA A IMAXE E O ESLOGAN DA CAMPAÑA DA XUNTA POLO DÍA DA MULLER

PRIMEIRO PREMIO PARA O IES VAL DO ASMA

Alumnado de 4º de ESO do IES Val do Asma gaña o primeiro premio do concurso de deseño de carteis convocado pola Xunta con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo. O cartel deseñado polo noso alumnado será o protagonista da campaña institucional levada a cabo pola Xunta de Galicia. Para ver as imaxes da presentación do cartel, preme na foto.

Noraboa a todos/as !!!!

 

RESERVA DE PRAZA NA E.S.O. E NO BACHARELATO PARA O CURSO 2018-19

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 17/18 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2018 presentando o formulario ED550A, na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo de 2018 presentando o formulario ED550B na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

PERIODO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS (FCT) 2017/2018

O periodo ordinario para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2017/2018 será:

C.B. Mantemento de vehículos: do 20 de abril ao 18 de xuño de 2018, ambos incluídos.

C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 4 de abril ao 18 de xuño de 2018, ambos incluídos.

C.S. Administración e finanzas: do 4 de abril ao 12 de xuño de 2018, ambos incluídos.

INTERNET SEGURA - QUÉROTE+

Coa campaña Día Internacional da Internet Segura "Crea, conecta e comparte con respecto: Unha internet mellor comeza contigo", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma, pretendemos promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialemente entre a mocidade. Acceso ao material.

CULTIVANDO A AUTOESTIMA - QUÉROTE+

A través da campaña "Cultivando a autoestima", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma pretendemos fomentar a reflexión crítica da mocidade fronte á cantidade de imaxes e mensaxes que recibe sobre os modelos de beleza e patróns estéticos, que dalgún modo invisibilizan a realidade. Acceso ao material.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP GRAO SUPERIOR 2018

Convocatoria de Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/2017.
Requisitos de participación:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2017 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes (ata 16 de marzo) a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (15 de febreiro de 2018)
Para máis información preme aquí.

VIAXE CULTURAL MADRID - SEGOVIA

14/02/2018 04:30
16/02/2018 23:59

Alumnado de BAC (1º e 2º) e do C.S. de Administración e Finanzas (modalidades ordinario e dual), farán unha viaxe de tres días a Madrid, nos que visitarán o Senado, o Mosteiro do Escorial e distintos museos (o Museo do Prado, Reina Sofía, Thyssen e os Museos de Ciencias e Xeomineiro). Na viaxe de volta aproveitarán para coñecer a cidade de Segovia. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Madrid - Segovia
Grupos: Alumnado de BAC e do C.S. de Administración e Finanzas.
Organiza: Departamento Xeografía e Historia, Departamento de Bioloxía e Departamento de Administración.

VACACIÓNS ENTROIDO 2018

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 12 febreiro ata o mércores 14 de febreiro de 2018, ámbolos dous incluídos.

Distribuir contenido


by Dr. Radut