Skip to Content

Campaña #AQUÍTAMÉNSEFALA

Imaxe co texto "#aquitamensefala IES Valadares"

#aquítaménsefa la é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata do alumnado. Un proxecto que comezou no IES  Rafael Dieste da cidade da Coruña e que agora se estende por centros de toda Galiza. Ademais, #aquítaménsefala pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais. 

Título "Aquí taménse fala"Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe deformada dunha suposta Galiza que non fala galego ou de que no mundo da empresa non se usa, nin nos barrios, nin nas vilas... 

E para acabarmos con estas mentiras, exercemos como técnicos/as de normalización lingüística. 

A tarefa é doada e toda a comunidade educativa pode colaborar: Preguntamos se podemos realizar unha foto do establecemento, preferiblemente con alguén do local termando do cartel. Tamén podemos gravar un pequeno vídeo ou un audio facendo unha entrevista aos responsables do local para analizar o seu uso do galego, da clientela e anécdotas positivas derivadas disto. 

Enviamos a foto e os datos do local, así como o noso nome, apelidos e curso ao correo: normalizacion@iesvaladares.org, co asunto #aquítaménsefala. Lembrade: 

- Foto en que se vexa a persoa responsable do local sostendo o cartel e se aprecie o nome do local 

- Nome, enderezo e redes sociais do local 

- Nome e apelidos da alumna ou alumno 

A páxina oficial da campaña tédeña na seguinte ligazón:

https://aquitamensefala.com/#info

O cartaz do noso centro podedes velo e descargalo a continuación:

  

   

AdxuntoTamaño
ATSF_240408.pdf993.25 KB


page | by Dr. Radut