Cos alumnos que teñan algunha materia pendente do Departamento de Tecnoloxía, procederase do seguinte xeito:
- Dotaráselle ós alumnos dun cuestionario da materia, coas cuestións teóricas máis relevantes, así coma os exercicios e prácticas mínimas para que eles o confeccionen durante un período de tempo a determinar, con datas parciais de entrega durante o curso. Tamén realizarán un traballo monográfico sobre algún tema relacionado cos contidos do curso.
- Dotaráselle, ou indicaráselle onde conseguir ir se é o caso, ós alumnos do material necesario para confeccionar o cuestionario antes descrito, ademais do que eles poidan posuír: libros, fotocopias, etcétera.
- Realizarase, por parte do profesorado adscrito ó departamento, un seguimento dos alumnos e do estado do seu cuestionario e traballo, de xeito que se poidan resolver dúbidas e aclarar determinadas cuestións, co fin de que o resultado sexa satisfactorio. Esta actuación de control levarase a cabo, como mínimo, unha vez por trimestre e, se é posible, sen interferir coas datas de exames de avaliación.
- Aqueles alumnos que realicen as actividades planeadas polo departamento de xeito satisfactorio estarán eximidos de realizar o Exame de Pendentes, e puntuaráselle en base á calidade do seu traballo.
- En caso contrario, ou para os alumnos que escollan esta opción, realizarase o exame de pendentes correspondente nas datas sinaladas con antelación. O exame constará de preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario correspondente.