Os alumnos que teñan pendente a materia de inglés de cursos anteriores terán a oportunidade de recuperala ao longo do curso en dúas convocatorias de exame. A primeira convocatoria dividirase en dous parciais, que previsiblemente terán lugar en xaneiro e abril. No caso de aprobar os dous, considerarase que o alumno/-a recuperou a materia pendente. De non ser así, o alumno presentarase á segunda convocatoria, nas datas establecidas pola Xefatura de Estudos que se realizará previsiblemente no mes maio para a ESO e no mes de abril para 2º de Bacharelato. O peso desta proba será do 100% da cualificación para a recuperación da materia pendente.
A convocatoria extraordinaria terá lugar no mes de xuño. O valor da proba de xuño será dun 100% da cualificación na avaliación extraordinaria.
Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes
O alumnado coa materia pendente será titorizado polo profesor/-a que lle imparta clase durante o curso académico. Para a preparación das probas de recuperación, o docente facilitará ao alumnado interesado os materiais necesarios de repaso e preparación para a proba, correxirá e supervisará o proceso e aclarará as súas dúbidas no tempo do que dispoña.