Skip to Content

Orientación

Benvidos ao Departamento de Orientación

 

 

A ORIENTACIÓN

  • A orientación forma parte do proceso educativo, comeza dende o primeiro ano de escolarización e remata ao finalizar as ensinanzas non universitarias.
  • O obxectivo da orientación é proporcionar axuda á persoa para que adquira un mellor coñecemento das súas posibilidades e lograr unha adecuada elección e integración persoal, escolar, profesional e social.
  • Na orientación participan todos/as os/as axentes educativos/as (titores/as, orientadores/as, profesorado, alumnado e familias)

 

O Departamento de Orientación:

Ferreiro Rey, Ana (Xefa de Departamento)

Gómez Álvarez, Sabela (Pedagoxía Terapéutica)   

 

Horario de atención do departamento ás familias:

  • Luns de 12:35 h-13:25 h
  • Teléfono: 981.88.07.25
  • Correo electrónico: orientacion.ies.urbanolugris.malpica@edu.xunta.gal

 

FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN·       

  • Planificar e desenvolver actuacións de reforzo da aprendizaxe do alumando que o precise.
  • Coordinar cos titores/as e a Xefatura de Estudos a elaboración do Plan de Acción Titorial.
  • Asesoramento ás familiassobre o proceso educativo dos/as seus/súas fillos/as.Asesoramento ao profesorado.
  • Atención e asesoramento a alumnos/as.
  • Orientación académica e profesional.
  • Participar nas avaliacións.
  • Atención á diversidade.
  • Avaliacións psicopedagóxicas.
  • Organización de actividades de apoio educativo.
  • Análise das necesidades educativas do alumnado do centro.
  • Organización das medidas de atención á diversidade.

 

FONDO SOLIDARIO AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024 - 2025

 

PRAZO: ata o 21 de xuño de 2024

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado no curso 2024-2025 en Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025

 FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Cubrindo manualmente o ANEXO I e ANEXO II e presentándoo no centro educativo, xunto cunha fotocopia do LIBRO DE FAMILIA onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, en caso de separación ou divorcio.
  • Cubrindo o ANEXO I e ANEXO II a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento ED330B e presentándoo telemáticamente coa CHAVE 365, DNI electrónico, Certificado Dixital...

 

DATOS DO CENTRO:

  • DENOMINACIÓN DO CENTRO: IES URBANO LUGRÍS
  • CONCELLO: MALPICA DE BERGANTIÑOS
  • CÓDIGO DO CENTRO: 15008301

 

 

 

 

CONVOCATORIA BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024-2025

Ábrese o prazo para solicitar as becas e axudas para aquel alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Alumnado TDAH, que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atención específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

 

  • Alumnado TEA

 

  • Alumnado con Altas Capacidades

 

O prazo para realizar a solicitude abarcará do 30 de abril de 2024 ao 13 de setembro de 2024 e realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

ACCESO Á TRAMITACIÓN E INFORMACIÓN

CONVOCATORIA

BECAS MEC PARA O CURSO 2024-2025

Ábrese o prazo para solicitar as becas para estudos postobrigatorios dende o 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas.

QUEN PODE SOLICITAR ESTAS BECAS? Todos aqueles/as alumnos/as que se matriculen o vindeiro curso en:

  • Bacharelato.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para aceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores.Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Ensinos deportivos.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Formación Profesional de Grao Básico.
  • Ensino universitario: Grados, Máster…

 

 

Para solicitala é necesario realízalo a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

Deixámosvos un documento con toda a información e o proceso, así como a ligazón á Sede Electrónica onde teredes que realizar todas as xestións.

 

SEDE ELECTRÓNICA MEC

 

QUE FAGO DESPOIS DA ESO?

Aquí vos deixamos unha presentación coas opcións que podedes escoller ao rematar esta etapa no Instituto.

 

Agardamos vos sexa de axuda, e ante calquera dúbida, xa sabedes onde atoparnos!

 

Pincha na seguinte imaxe para poder visualizar a presentación.

 

 
 

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Ábrese o prazo para reservar prazas nos centros adscritos (IES Eduardo Pondal de Ponteceso).

 

Aquel alumnado que desexe continuar os seus estudios de Bacharelato no instituto de Ponteceso, ten que realizar esta reserva de praza.

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15 de xaneiro e remata o 5 de febreiro, ámbolos dous incluídos.

 

Tanto a presentación de solicitudes como a consulta dos listados de admitidos, que se publicará o 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumno (IES Urbano Lugrís de Malpica) ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio e Superior

Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio e grao superior.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024 (ambos os dous incluídos)

Data das probas: 23 de maio de 2024.

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao superiorestará comprendido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024 (ambos os dous incluídos).

Data das probas: 18 de abril de 2024.

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan 19 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Ligazón a toda a información e á convocatoria 2024

Ligazón ao enlace Vía web

Calendario das probas

Exames anteriores FP Grao Medio

Exames anteriores FP Grao Superior

Distribuir contido


by Dr. Radut