BECAS MEC PARA O CURSO 2024-2025
Ábrese o prazo para solicitar as becas para estudos postobrigatorios dende o 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas.
QUEN PODE SOLICITAR ESTAS BECAS? Todos aqueles/as alumnos/as que se matriculen o vindeiro curso en:
- Bacharelato.
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para aceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
- Ensinos artísticos: profesionais e superiores.Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
- Ensinos deportivos.
- Estudos relixiosos superiores.
- Formación Profesional de Grao Básico.
- Ensino universitario: Grados, Máster…
Para solicitala é necesario realízalo a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Deixámosvos un documento con toda a información e o proceso, así como a ligazón á Sede Electrónica onde teredes que realizar todas as xestións.
Anexo | Tamaño |
---|---|
INFORMACION BECAS 2024_2025.pdf | 89.48 KB |