Traballos en altura

Traballos en altura

Curso escolar 2024/25

Ábrese o prazo de inscrición para o curso de Traballos en altura.  Contido do curso

Só poden realizalo o alumnado dos 2º cursos de ciclos, ciclos de dual e cursos de especialización matriculados actualmente no CIFP Universidade Laboral.

En ningún caso a asistencia a este curso valerá como xustificación para non asistir á clase.

O curso constará dunha parte teórica que se realizará na aula virtual e unha parte práctica (de 2 horas).

  1. INSCRIPCIÓN (data límite o 30/11/2024)
    • Debes cubrir o seguinte Formulario de inscrición
    • Os datos que facilites no formulario usaranse para facer o Diploma do curso. Pon moita atención ás instrucción cando escribas o NIF e o teu nome (nome completo tal e como consta no teu NIF ou NIE. Atención a maiúsculas, acentos e segundos nomes).
    • Tamén terás que elixir unha quenda para realizar a parte práctica.
  2. PAGO
    • O prezo do curso son 30€
    • Debes facer un ingreso na conta ES91 2080 0065 3231 1000 0146
    • No concepto debe poñer: "Curso de Traballos en Altura" + "Nome do alumno/a".
    • Garda ou fai unha captura do resgardo para adxuntalo na aula Virtual antes da sesión práctica.
  3. AULA VIRTUAL
    • Un par de días desposi de inscribirte aparecerás matriculado na Aula Virtual no "Curso Traballos en Altura".
    • Aquí deberás subir o resgardo da transferencia de pago e despois diso asignarásechete unha quenda para realizar a parte práctica (que darán comezo o xoves 24 de outubro) e serán nas seguintes franxas horarias:
      • Xoves 10:30 - 12:30
      • Xoves 12:30 - 14:30
      • Venres 15:00 - 17:00
      • Venres 17:00 - 19:00
    • Tamén accederás aos contidos teóricos e terás que superar un test.
  4. DIPLOMA
    • Emitirase tras superar a parte teórica e a práctica.

IMPORTANTE: este curso non habilita para traballos en suspensión ou verticales.


Distribuir contido