TICs Alumnado
Aulas Virtuais e WIFI
Alta na propia plataforma de aulas virtuais Moodle do centro
Este proceso de alta só o fai o alumno unha vez durante a súa estancia no centro, antes de comezar a utilizar calquera aula virtual. O alumno ou alumna debe seguir o seguinte proceso:
- Ir á páxina principal de Aulas Virtuais do centro
- Pinchar na esquina superior dereita, onde pon Acceso
- Pinchar no enlace "Crear unha nova conta"
- Cubrir os datos solicitados e pinchar en "Crear a miña nova conta"
O nome de usuario e contrasinal elixidos se utilizarán para entrar nas aulas virtuais.
Inscrición nun aula concreta
Para inscribirse e poder acceder a un aula concreta, o profesor correspondente proporcionará aos alumnos a "chave de matriculación" desa aula.
Unha vez se coñeza a chave de matriculación, cada alumno debe seguir os seguintes pasos:
- Acceder á plataforma de aulas virtuais dende a páxina principal das aulas, pinchando na esquina superior dereita en "Acceso" e introducir o nome de usuario e contrasinal.
- Volver á páxina principal das aulas virtuais e pinchar na aula concreta na que se quera inscribir.
- Introducir a chave de inscrición que che proporcionou o profesor e pinchar en "Matricúlame".
Que fago se esquecín o nome de usuario ou contrasinal das aulas virtuais?
Dende a páxina inicial da plataforma de aulas virtuais, na esquina superior dereita da pantalla, premer en "Acceso".
Dende a páxina de Acceso premer en "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?", e seguir as instrucións da páxina.
Normas de utilización da WIFI